Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gabriel Schürrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Schürrer
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Rafaela, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1988–1996 Club Atlético Lanús (23)
1989–1990 cesión Asociación Mutual Social y Deportiva Atlético de Rafaela
1996–1998   Racing de Santander 68(5)
1998–2000   Deportivo da Coruña 47(3)
2000–2002   UD Las Palmas 64(4)
2002–2004   Real Sociedad 56(1)
2004–2006 Olympiakos FC 40(1)
2006–2007 Málaga Club de Fútbol 9(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–1995   Arxentina 4(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club Atlético Lanús Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Papeis de Panamá Editar o valor en Wikidata

Gabriel Francisco Schürrer Peralta, nado en Rafaela (Santa Fe) o 16 de agosto de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección arxentina. Actualmente adestra o Argentinos Juniors.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É o maior de tres irmáns (Alejandro Schürrer e Soledad Schürrer). Comezou no equipo da súa cidade natal Atlético de Rafaela, pasando no ano 1990 ao Lanús co que debutou na Primeira División da Arxentina. No equipo "granate" permaneceu 6 tempadas xogando 193 partidos e marcando 22 goles.

En 1996 pasou a xogar na Primeira División de España, ao fichar polo Racing de Santander no que estivo 2 tempadas durante as que xogou 68 partidos de liga anotando 4 goles.

O seu bo facer lévalle o ano 1998 ao Deportivo da Coruña, no que tamén permaneceu 2 tempadas, xogando 47 partidos e marcando 3 goles. Na súa segunda tempada na Coruña o Deportivo logrou o campionato de liga.

En 2000 fichou pola U. D. Las Palmas tamén da Primeira División española, equipo co que xogou tamén dúas tempadas, cun total de 64 partidos e 4 goles.

O descenso do seu equipo levoulle ata Donostia no ano 2002, ao fichar pola Real Sociedad. Na súa primeira tempada na Real, xogou 23 partidos sen marcar tantos, logrando un meritorio subcampionato co equipo. Na súa segunda tempada xogou 33 partidos e anotou un gol en liga e 7 partidos e un gol na Liga de Campións.

Na Real Sociedad finalizou a súa primeira etapa en España, xa que en 2004 fichou polo Olympiacos FC grego co que tamén disputou a Liga de Campións (xogando 6 e anotando un gol). Na súa primeira tempada en Grecia logrou o "dobrete", e na segunda o título de liga.

En 2006 regresou ao fútbol español, fichando polo Málaga CF, recentemente descendido á Segunda División.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Schürrer foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina en 14 ocasións. Participou coa súa selección na Copa América 1995 dirixida por Daniel Passarella.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]