Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cámbium cortical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cortizas amoreadas no Algarve.

En botánica, chámase cámbium cortical, cámbium suberoso, ou felóxeno ao meristema secundario das plantas vasculares que dá orixe á periderme, a "casca" das árbores e outras plantas co crecemento secundario.

O cámbium cortical é unha cámara cilíndrica de células indiferenciadas que se dividen continuamente, dando orixe a células diferenciadas. As células que se forman do lado exterior deste meristema teñen paredes espesas e, moitas veces, reforzadas con suberina e protexidas por tanino, que é un antiséptico.

Esta "casca" vai substituír a epiderme primaria, que se vai rompendo e secando a medida que os novos tecidos internos se desenvolven (a madeira ou leña), continuando a protexer a planta.

En certas árbores, como a sobreira, esta "casca", tamén chamada cortiza, desenvólvese de tal xeito que pode ser parcialmente retirada, para fins comerciais, sen danificar a planta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]