Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Byron Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaByron Scott

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Ogden, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOgden (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado do Arizona (pt) Traducir
Morningside High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto, adestrador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata - 1998 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Clippers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Sacramento Kings
New Orleans Pelicans
Vancouver Grizzlies
Cleveland Cavaliers
Brooklyn Nets
Indiana Pacers
1979–1983 Arizona State Sun Devils men's basketball
1983–1993 Los Angeles Lakers (Escolta)
1997–1998 Panathinaikos BC (Escolta)
Premios

IMDB: nm0778922 Musicbrainz: 4f3cca8e-ff56-4630-bd5a-d86a76c5d845 Editar o valor en Wikidata

Byron Anton Scott, nado o 28 de marzo de 1961 en Ogden, Utah, é un antigo xogador e adestrador profesional de baloncesto norteamericano. Nesta faceta chegou a gañar en 2008 o galardón ó Adestrador do Ano da NBA. Coma universitario, xogou nas ringleiras da Arizona State University.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi elixido no draft de 1983 polos San Diego Clippers en cuarta posición. Foi traspasado ao ano seguinte aos seus veciños Los Angeles Lakers xunto con Swen Nater a cambio do xa veterano Norm Nixon, e foi neste equipo onde alcanzou os seus maiores éxitos coma profesional, ao coincidir no tempo con xente mítica do talle de Magic Johnson ou Kareem Abdul Jabbar, cos que gañou tres aneis de campión da NBA. Tras pasar por equipos coma os Indiana Pacers, os Vancouver Grizzlies ou o equipo grego do Panathinaikos, volveu na súa última tempada en activo aos Lakers, onde compartiu minutos con Kobe Bryant ou Shaquille O'Neal. Durante toda a súa traxectoria distinguiuse coma un dos mellores tiradores da NBA.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Adestrou durante dous anos aos New Jersey Nets, aos cales levou nas tempadas 2001-02 e 2002-03 ás Finais da NBA.

Scott converteuse en adestrador dos New Orleans Hornets na tempada 2003-04. Tras máis de 4 tempadas, foi despedido o 12 de novembro de 2009. Durante esta etapa, foi nomeado na tempada 2007-08 Adestrador do Ano da NBA con 458 votos, 216 máis que o segundo clasificado. Este mesmo ano foi seleccionado para adestrar ao equipo do Oeste no NBA All-Star Game de Nova Orleáns.

O 2 de xullo de 2010, Scott foi nomeado adestrador dos Cleveland Cavaliers, días antes de que a súa estrela LeBron James se fora ós Miami Heat.[1][2] Tras dúas tempadas con récord negativo, foi despedido o 18 de abril de 2013.[3]

Logros persoais

[editar | editar a fonte]
  1. "Agent says Scott accepts Cavs offer". cbssports.com. 2 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 2009-07-01. 
  2. "Cleveland Cavaliers exercise contract option on Byron Scott - NBA - Sporting News". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2013. Consultado o 03 de xuño de 2013. 
  3. "Cleveland Cavaliers fire coach Byron Scott". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 03 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]