Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Byte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un byte (pronunciado "bait") ou octeto é un dos tipos de datos usados en computación para especificar o tamaño ou cantidade da memoria ou da capacidade de almacenamento dun computador. Normalmente corresponde con 8 bits (véxanse detalles mais embaixo).

Significados

[editar | editar a fonte]

A palabra byte ten varios significados, todos próximos entre si:

  • Unha secuencia contigua dun número fixo de bits. Nos computadores modernos, un byte consta de 8 bits, ou octeto. Algúns modelos máis antigos usaron bytes de 6, 7 ou 9 bits.

Un byte é sempre atómico no sistema, o que significa que é a máis pequena unidade de memoria enderezable (á que se pode acceder directamente). Un byte de 8 bits pode conter 256 valores posibles (28 = 256) — o suficiente para almacenar ben un enteiro sen sinal entre 0 e 255, ben un enteiro con sinal entre -128 e 127 ou ben un carácter de 7 bits (tal como a ASCII) ou 8 bits.

  • Unha secuencia contigua de bits que constitúe un sub-campo dunha secuencia máis longa chamada word.
  • Un tipo de dados en certas linguaxes de programación. O C, por exemplo, define o byte como sinónimo de unsigned char — un tipo de dados enteiro capaz de almacenar polo menos 256 valores diferentes.

Outras designacións

[editar | editar a fonte]

O byte de 8 bits tamén se chama octeto, especialmente no contexto de redes de computadores e telecomunicacións, reflectindo a cantidade de bits que ten.

Á metade dun byte (4 bits), dáselle o nome de nibble ou semioctecto.

Cantidades

[editar | editar a fonte]

Os prefixos quilo-, mega--, xiga- etc. considéranse potencias de 1024 no canto de potencias de 1000. Isto é así porque 1024 é a potencia de 2 (210) máis preto de 1000. Utilizase unha potencia de 2 porque se traballa nun sistema binario.

Nome Abrev. Factor Tamaño no SI
quilo k 210 = 1024 103 = 1000
mega M 220 = 1 048 576 106 = 1 000 000
xiga G 230 = 1 073 741 824 109 = 1 000 000 000
tera T 240 = 1 099 511 627 776 1012 = 1 000 000 000 000
peta P 250 = 1 125 899 906 842 624 1015 = 1 000 000 000 000 000
hexa E 260 = 1 152 921 504 606 846 976 1018 = 1 000 000 000 000 000 000
zetta Z 270 = 1 180 591 620 717 411 303 424 1021 = 1 000 000 000 000 000 000 000
yotta Y 280 = 1 208 925 819 614 629 174 706 176 1024 = 1 000 000 000 000 000 000 000 000
bronto B 290 = 1024 Yottabytes 1027 = 1 000 000 000 000 000 000 000  000

No 1998 creouse un novo sistema de prefixos para denotar múltiplos binarios pola IEC. Oficialmente, o patrón IEC especifica que os prefixos do SI usaránse só para múltiplos en base 10 e xamais en base 2.

Novo patrón de prefixos IEC
Nome Abrev. Factor
quibi Ki 210 = 1024
mebi Mi 220 = 1 048 576
gibi Gi 230 = 1 073 741 824
tebi Ti 240 = 1 099 511 627 776
pebi Pi 250 = 1 125 899 906 842 624
exbi Ei 260 = 1 152 921 504 606 846 976

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]