Billy Cunningham
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1943 (81 anos) Brooklyn, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Erasmus Hall High School (en) Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1965 - 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA, National Basketball Association e American Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Philadelphia 76ers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1965 | Universíada de Verão de 1965 (pt) |
William John "Billy" Cunningham, nado o 3 de xuño de 1943 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira entre a National Basketball Association (NBA) e a American Basketball Association (ABA). Drafteado no quinto posto da primeira rolda polos Philadelphia 76ers en 1965, Cunningham xogou na franquía de Pensilvania como ala e ala-pivote durante nove tempadas. Nos 76ers xogou durante a súa traxectoria na NBA, conseguindo o anel de campión en 1967. Durante os anos 1972 e 1974 deixou o seu equipo de toda a vida para xogar nos Carolina Cougars da ABA, competición rival da NBA.
Billy Cunningham, alcumado "Kangaroo Kid" (do inglés: o rapaz canguro) foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996 e admitido no Basketball Hall of Fame en 1986. Despois da súa retirada como xogador continuou como adestrador dos 76ers desde 1977 até 1985. Como técnico conseguiu un novo anel de campión en 1983. Como homenaxe o seu dorsal 32 está retirado polos Philadelphia 76ers.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Despois de demostrar a súa capacidade no instituto Erasmus Hall do seu Brooklyn natal, onde foi nomeado mellor xogador da súa liga, foi recrutado pola Universidade de North Carolina, onde conseguiu unhas estatísticas de 24,3 puntos e 15,1 rebotes, logrando fazañas tan destacadas como a de anotar 48 puntos nun único partido ou a de conseguir 27 rebotes noutro. Para a posteridade, posúe o récord da súa universidade de rebotes nunha tempada, ao conseguir unha media de 16,1 por partido no seu segundo ano.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na quinta posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1965 polos Philadelphia 76ers, onde comezou actuando como "sexto home", gañando en pouco tempo un posto como titular e chegando ao seu máximo apoxeo na tempada 1969-70, onde alcanzou uns números de 26,1 puntos e 13,6 rebotes por partido. Gañou un título da NBA en 1967 cos Sixers, xogando xunto a grandes estrelas como Wilt Chamberlain ou Hal Greer.
En 1972 ficha por Carolina Cougars da ABA, a liga rival da NBA, onde permanece tempada e media, sendo elixido MVP (mellor xogador) da liga en 1973. Regresa posteriormente a Filadelfia, onde unha lesión obrígalle a retirarse con tan só 32 anos.
Adestrador
[editar | editar a fonte]Fíxose co cargo de adestrador dos Sixers en 1977, construíndo un excelente equipo con xogadores do talle de Bobby Jones, Maurice Cheeks, Andrew Toney, Moses Malone e Julius Erving, o Dr. J., cos que conseguiu o título en 1983. É o adestrador que máis rapidamente chegou ás 200, 300 e 400 vitorias en toda a historia da NBA.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil histórico NBA History
- Biografía de Billy Cunningham
- Estatísticas da súa carreira como xogador Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
- Estatísticas da súa carreira como adestrador Arquivado 27 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers
- Adestradores dos Philadelphia 76ers
- Ala-pivotes de baloncesto
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Nados en 1943
- Nados en Brooklyn