Bernhard Meyer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1767 Hanau, Hesse (Alemaña) |
Morte | 1 de xaneiro de 1836 preto de Offenbach am Main |
País de nacionalidade | alemá |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, Brioloxía e Ornitoloxía |
Ocupación | médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | B.Mey. |
Descrito pola fonte | Frankfurter Personenlexikon (en) , |
Bernhard Meyer, nado o 24 de agosto de 1767 en Hanau, Hesse (Alemaña), e finado o 1 de xaneiro de 1836 preto de Offenbach am Main (literamente, "Offenbach do Meno"), foi un médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Meyer primeiro traballou como médico e, máis tarde, fundou unha empresa farmacéutica. Con este negocio fixo fortuna, e daquela dedicouse en exclusiva desde entón á historia natural. Meyer foi o coautor, xunto con Gottfried Gaertner e Johannes Scherbius, de Oekonomisch-technische Flora der Wetterau (1799), obra na que lle deu o nome científico a numerosas plantas. Tamén foi o coautor, xunto con Johann Wolf, de Naturgeschichte der Vogel Deutschlands (1805), e de Taschenbuch der Deutschen Vogelkunde (1810).
Entre os numerosaon taxon da súa autoría, foi o descritor da orde dos piciformes, da clase das aves.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]Botánica
[editar | editar a fonte]A abreviatura B.Mey. emprégase para indicar a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
Zooloxía
[editar | editar a fonte]A abreviatura Meyer emprégase para recoñecer a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bernhard Meyer |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Erwin Stresemann (1975): Ornithology, from Aristotle to the present. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 0-6746-4485-9.