Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bernard Bolzano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernard Bolzano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1781 Editar o valor en Wikidata
Praga (Reino de Bohemia) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de decembro de 1848 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Praga (Reino de Bohemia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Olšany Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaLiberalismo clásico Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Carolina de Praga (1796–1819) Editar o valor en Wikidata
Director de teseFranz Josef von Gerstner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnálise matemática, lóxica, Filosofía da ciencia, epistemoloxía, matemáticas, filosofía, estética e Igrexa Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncatedrático (1805–1819), sacerdote católico (1804–), filósofo, matemático, esteticista, epistemólogo, historiador, teólogo, mestre, lóxico, filósofo da ciencia, sacerdote Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Carolina de Praga Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoFranz Moth (en) Traducir e Robert von Zimmermann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porHerexía Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Больцано Бернард)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1209919

Bernard Placidus Johann Nepomuk Bolzano, nado en Praga o 5 de outubro de 1781 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1848, foi un matemático, teólogo e filósofo da antiga Bohemia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seu pai, Bernard Pompeius Bolzano, naceu no norte de Italia e migrou a Praga, onde casou con Maria Cecelia Maurer, filla dun comerciante da cidade. Tiveron doce fillos, dos que só dous chegaron a adultos. Este era un matrimonio moi beato da relixión católica.

Bolzano inscribiuse en 1796 na Facultade de Filosofía da Universidade de Praga e no outono de 1800 comezou a estudar teoloxía, ordenándose sacerdote da Igrexa Católica sobre o 1805. Durante este anos tamén preparara a súa tese doutoral en xeometría, conseguindo o doutoramento en 1804, tras ter redactado unha tese na que expresaba a súa opinión sobre as matemáticas e sobre as características dunha correcta demostración matemática. No prólogo escribiu: "Non podería sentirme satisfeito dunha demostración estritamente rigorosa, si esta non derivase dos conceptos contidos na tese que debe demostrarse."

No 1804 obtivo unha cátedra de filosofía da relixión, recentemente creada polas forzas conservadoras para contrarrestar as ideas da revolución francesa. Mais Bolzano defendeu abertamente unha reforma da educación, primando a liberdade da consciencia individual sobre o goberno, neste caso austríaco. As súas ensinanzas estaban impregnadas por fortes ideais pacifistas e por unha viva esixencia de xustiza política. Ademais, Bolzano gozaba, debido ás súas cualidades intelectuais, dun enorme prestixio entre os seus compañeiros profesores e alumnos.

Neses tempos estaban nacendo os primeiros movementos políticos que reivindicaban a liberdade de pensamento e a independencia das comunidades nacionais, reivindicacións que preocupaban moito aos estados autoritarios, neste caso o Imperio Austríaco. Debido a presións do goberno, en 1819 foi prohibido de exercer calquera actividade académica, e ao mostrar o seu desacordo, foi acusado de herexe, posto baixo arresto domiciliario e prohibíuselle publicar. A pesar da censura do goberno, os seus libros publicáronse fóra do Imperio Austríaco e Bolzano seguiu escribindo. Foi obrigado ao exilio no campo en 1824 e non volveu a Praga até seis anos antes de falecer no 1848.

Foi no período de prohibición cando Bolzano, que pasou a ser sustentado por amigos e por exalumnos, escribiu a súa principal obra filosófica, o "Wissenschaftslehre" (Doutrina da Ciencia), publicado en 1837, que influenciou o desenvolvemento da semántica moderna. Wissenschaftslehre era un intento de elaborar unha teoría do coñecemento e da ciencia completa, intentou proporcionar fundamentos lóxicos a todas as ciencias

Aínda que estivese distante do centro científico da súa época (París), os seus estudos científicos foron moi avanzados para o seu tempo nos fundamentos de varias ramas das matemáticas, como na teoría de funcións e na lóxica. Despois de demostrar o teorema do valor intermedio, deu o primeiro exemplo dunha función continua non derivábel en ningún punto do conxunto de números reais. No campo da lóxica estou a táboa de verdade dunha proposición e creou a primeira definición operativa de dedutibilidade.

Entre 1830 e 1840, Bolzano traballou na obra Grössenlehre na que tratou de reinterpretar toda a matemática baixo bases lóxicas. Só chegou a publicar unha parte, esperando que os seus alumnos proseguiran a obra e publicaran unha versión completa. En 1854, seis anos despois da súa morte, un alumno seu publicou a obra de Bolzano Paradoxien des Unendlichen, un estudo sobre os paradoxos do infinito. Aparece por primeira vez o termo "conxunto", na forma alemá Menge.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]