Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bentesicime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, Bentesicime (o Bentesicima) era filla de Poseidón e Anfitrite. O seu nome deriva do grego βένθος bénthos, "fondo mariño".[1]

Poseidón tivo numerosa descendencia, e entre os fillos que tivo estaba Eumolpo, nacido de Quíone, filla de Bóreas, o deus do vento do norte. Temerosa de que o soubese o pai, botou ó meniño ó mar, pero Poseidón puido salvalo e levouno a Etiopía a que o criase a súa filla Bentesicime [2].

"Quíone uniuse a Poseidón e, ás agachadas do seu pai, deu a luz a Eumolpo e, para non ser descuberta, botou á criatura por un precipicio. Recolleuno Poseidón e levouno a Etiopía e entrogouno a Bentesicime, filla súa e de Anfitrite, para que o criase".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 15, 4)

Máis tarde, Bentesicime casouno cunha das súas fillas, pero Eumolpo intentou violar á outra das fillas de Bentesicime, polo que foi enviado ó exilio, en Tracia, xunto co seu fillo Ísmaro, e alí conspirou contra Texirio, rei de Tracia e o seu consogro, polo que tivo que fuxir a Eleusis. Ó final, Eumolpo terminaría chegando a ser rei de Tracia pero morreu a mans de Erecteo, rei de {Atenas. Poseidón enfureceuse pola morte do seu fillo e pediu vinganza a Zeus, e este matou cun raio a Erecteo.

"Por esa época Eumolpo, fillo de Neptuno, chegou para atacar Atenas, porque dicía que a terra pertenecera ó seu pai. Foi derrotado co seu exército polos atenienses, pero Neptuno, para que Erecteo non se aledara coa morte do seu fillo, esixiu que a súa filla lle fora ofrecida en sacrificio. Así, ó ser sacrificada a súa filla Ctonia, as demais fillas matáronse conforme coa súa promesa; e a rogos de Neptuno, Xúpiter golpeou co seu raio ó propio Erecteo".
(Hixino: Fábulas 46)
  1. Véxase Bentos.
  2. Ou ben, para que o criase a propia Anfitrite na casa de Bentesicime (Graves, px. 188).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]