Beatriz dos Países Baixos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Beatriz dos Países Baixos (Beatrix Wilhelmina Armgard van Orange-Nassau), nada en Baarn o 31 de xaneiro de 1938, foi a raíña do Reino dos Países Baixos entre o 30 de abril de 1980 e o 30 de abril de 2013, cando abdicou en favor do seu fillo Guillerme Alexandre. Filla da raína Xiana e o príncipe Bernaldo, desde a súa abdicación é Princesa dos Países Baixos, Princesa de Orange-Nassau e Princesa de Lippe-Biesterfeld.
En 1940 Beatriz e o resto da familia real marchou ao exilio trala invasión alemá dos Países Baixos. Trala liberación (1945) volveu ao país. O 28 de xaneiro de 2013 anunciou a súa decisión de abdicar o 30 de abril, trixésimo terceiro aniversario da súa investidura real, a favor do herdeiro, o seu fillo o príncipe Guillerme Alexandre dos Países Baixos.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e xuventude
[editar | editar a fonte]A raíña Beatriz é filla da raíña Xiana dos Países Baixos e do príncipe Bernaldo de Lippe-Biesterfeld. Os seus padriños son o rei Leopoldo III de Bélxica, o Duque Adolfo de Mecklenburg-Schwerin (irmán do príncipe Henrique, o seu avó materno), a princesa Alicia, condesa de Athlone e Allene, condesa de Kotzebue. É descendente directa de Sofía, Electora de Hannover, a través da súa neta Ana, princesa real de Orange (1709-1759). Ao ser descendente de Sofía podería reclamar a nacionalidade británica baseada no Acta de Naturalización de Sofía de 1705, xa que naceu antes de que fose abolida en 1948.
Cando a raíña era unha nena, a familia real holandesa tivo que fuxir cando Alemaña invadiu os Países Baixos ao comezo da segunda guerra mundial, trasladándose ao Reino Unido en maio de 1940 e posteriormente a Otava, Canadá. Durante o seu exilio viviu nunha residencia de Stornoway, a residencia oficial de líder da oposición no Canadá.
Asistiu á gardaría e á escola pública Rockcliffe Park. Ao seu regreso aos Países Baixos, continuou a súa educación primaria en De Werkplaats en Bilthoven. En abril de 1950, matriculouse no Incrementum, unha parte do Baarnsch Lyceum, onde en 1956 graduouse en artes e clásicos.
O 31 de xaneiro de 1956, a princesa celebrou o seu 18º aniversario. Desde esa data, segundo a Constitución dos Países Baixos, debía estar preparada para asumir a súa posición real, chegado o momento. Nese momento a súa nai enviouna ao Consello de Estado. A princesa Beatriz comezou os seus estudos universitarios ese mesmo ano na Universidade de Leiden. No seu primeiro ano na universidade asistiu a cursos de socioloxía, xurisprudencia, economía, historia política e dereito constitucional. Ao longo dos seus estudos tamén asistiu a cursos sobre a cultura de Suriname e as Antillas Holandesas, a Constitución dos Países Baixos, asuntos internacionais, historia e dereito europeo. Mentres se atopaba na universidade, a princesa visitou varias organizacións europeas e internacionais en Xenebra, Estrasburgo, París e Bruxelas. Tamén foi unha socia activa das Mulleres de Leiden, unha asociación estudantil. No verán de 1959 superou o seu exame preliminar na carreira de dereito, obtendo o seu título en xullo de 1961.
Carreira política e matrimonio
[editar | editar a fonte]A súa aparición na escena política foi case inmediatamente marcada pola controversia. En 1965 a princesa Beatriz comprometeuse co aristócrata alemán Claus von Amsberg, un diplomático que traballaba para o ministerio de Exteriores de Alemaña. O seu matrimonio provocou manifestacións e protestas no día da voda o 10 de marzo en Ámsterdan, provocadas porque o príncipe Claus servira nas Mocidades Hitlerianas e na Wehrmacht e polo tanto, unha parte da poboación holandesa asociábao co nazismo alemán. Entre as protestas xurdiu o memorable slogan Quero que me devolvan a miña bicicleta, unha referencia ao período de ocupación alemá durante a segunda guerra mundial, cando os soldados ocupantes confiscaron as bicicletas holandesas. Unha bomba de fume foi botada contra a carruaxe nacional por un grupo de alborotadores, provocando un violento enfrontamento coa policía. Con todo, a medida que pasaba o tempo, o príncipe Claus converteuse nun dos membros máis populares da familia real holandesa e a súa morte no ano 2002 foi moi lamentada.
Novos disturbios producíronse o 30 de abril de 1980, durante a investidura (os soberanos dos Países Baixos non son coroados como tales) da raíña Beatriz. Algunhas persoas, principalmente anarquistas, utilizaron a ocasión para protestar contra as malas condicións para atopar fogar nos Países Baixos e contra a monarquía en xeral. Os choques coa policía e as forzas de seguridade foron brutais e violentos. Estes incidentes reflectiríanse na literatura contemporánea holandesa nos libros de A.F. Th van der Heijden.
Co príncipe Claus von Amsberg tivo tres fillos:
- Guillerme Alexandre (en neerlandés, Willem-Alexander; nado en 1967), casado desde 2002 con Máxima Zorreguieta.
- Xoán Friso (en neerlandés, Johan Friso, nado en 1968), casado desde 2004 con Mabel Wisse Smit.
- Constantino Cristovo (en neerlandés, Constantijn Christof; nado en 1969) casado desde 2001 con Laurentien Brinkhorst.
Reinado
[editar | editar a fonte]O 29 de abril de 1980, Beatriz subiu ao trono trala abdicación da súa nai, a raíña Xiana. Asumiu o seu papel como raíña con máis formalidade e profesionalidade que a súa nai. Aínda que a monarquía holandesa segue sendo extremadamente popular, recentemente moitos medios de comunicación criticaron á familia real, publicando moitas historias escandalosas similares ás que afectaron á monarquía británica nas últimas décadas. Moitos holandeses consideran á monarquía máis como un símbolo estético que como unha institución que xogou e xoga un papel importante na sociedade holandesa. Como resultado, a principal preocupación da raíña Beatriz na actualidade é manter á monarquía como unha institución moderna e eficiente, e sobre todo, en sintonía cos desexos do pobo holandés.
Como raíña, Beatriz dispón de maior poder que a maioría dos monarcas europeos. En temas nacionais non adoita pronunciarse politicamente, con todo, a raíña destaca nas relacións internacionais. Nunha ocasión ameazou con destituír a un ministro do goberno se rexeitaba a súa petición de abrir unha embaixada holandesa en Xordania.
O 6 de outubro de 2002 o príncipe Claus, esposo da raíña, morreu logo dunha longa enfermidade. Un ano e medio despois a súa nai, a raíña Xiana, morreu logo dunha longa loita contra a demencia senil, mentres o seu pai, o príncipe Bernaldo sucumbía de cancro en decembro de 2004.
A raíña Beatriz raramente é mencionada directamente na prensa, xa que o servizo de información do goberno (Rijksvoorlichtingsdienst) condiciona as entrevistas a que non sexa citada expresamente. Esta norma foi introducida pouco logo da inauguración deste servizo, para protexela de complicacións políticas que puidesen xurdir de expresións fóra de contexto. Con todo, esta norma non se aplica ao seu fillo, o Príncipe Guillerme Alexandre dos Países Baixos.
O 8 de febreiro de 2005 Beatriz recibiu un doutoramento honorario da Universidade de Leiden. Nun xesto extraordinario, aceptouno, xa que normalmente non adoita aceptar este tipo de distincións. No seu discurso de aceptación reflectiu o seu período como raíña durante 25 anos.[2]
O 29 de abril e o 30 de abril de 2005 celebrou o 25º aniversario do seu reinado. Foi entrevistada na televisión holandesa, celebrouse un concerto en Dam Square en Ámsterdan e houbo unha gran celebración na Haia, a sede do goberno do país.
O 28 de xaneiro de 2013 anunciou a súa decisión de abdicar o 30 de abril, coincidindo co trixésimo terceiro aniversario da súa investidura real, a favor do herdeiro, o seu fillo o príncipe Guillerme Alexandre de Orange-Nassau.[1]
Ascendencia
[editar | editar a fonte]16. Conde Xulio Pedro de Lippe-Biesterfeld | ||||||||||||||||
8. Conde Ernesto Casimiro de Lippe-Biesterfeld | ||||||||||||||||
17. Condesa Adelaida Clotilde de Castell-Castell | ||||||||||||||||
4. Príncipe Bernaldo Casimiro de Lippe-Biesterfeld | ||||||||||||||||
18. Conde Leopoldo Otón de Wartensleben | ||||||||||||||||
9. Condesa Carolina Frederica de Wartensleben | ||||||||||||||||
19. Matilde Halbach-Bohlen | ||||||||||||||||
2. Príncipe Bernaldo Leopoldo de Lippe-Biesterfeld | ||||||||||||||||
20. Wolfgang Adolfo de Cramm | ||||||||||||||||
10. Barón Aschwin Thedel de Sierstorpff-Cramm | ||||||||||||||||
21. Eduvixis de Cramm | ||||||||||||||||
5. Armgard Kunigunde de Sierstorpff-Cramm | ||||||||||||||||
22. Conde Ernesto Mauricio de Sierstorpff-Driburg | ||||||||||||||||
11. Baronesa Sofía Eduvixis de Sierstorpff-Driburg | ||||||||||||||||
23. Baronesa Clara Carolina de Vincke | ||||||||||||||||
1. Raíña Beatriz dos Países Baixos | ||||||||||||||||
24. Gran Duque Paulo Frederico de Mecklemburgo-Schwerin | ||||||||||||||||
12. Gran Duque Frederico Francisco II de Mecklemburgo-Schwerin | ||||||||||||||||
25. Princesa Alexandrina María de Prusia | ||||||||||||||||
6. Duque Henrique Vladimiro de Mecklemburgo-Schwerin | ||||||||||||||||
26. Príncipe Adolfo de Schwarzburg-Rudolstadt | ||||||||||||||||
13. Princesa María Carolina de Schwarzburg-Rudolstadt | ||||||||||||||||
27. Princesa Matilde de Schönburg-Waldenburg | ||||||||||||||||
3. Raíña Xiana dos Países Baixos | ||||||||||||||||
28. Rei Guillerme II dos Países Baixos | ||||||||||||||||
14. Rei Guillerme III dos Países Baixos | ||||||||||||||||
29. Gran Duquesa Ana Pávlovna de Rusia | ||||||||||||||||
7. Raíña Guillermina I dos Países Baixos | ||||||||||||||||
30. Príncipe Xurxo Víctor de Waldeck e Pyrmont | ||||||||||||||||
15. Princesa Emma Guillermina de Waldeck e Pyrmont | ||||||||||||||||
31. Princesa Helena Guillermina de Nassau | ||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 La Voz de Galicia, ed. (29 de xaneiro de 2013). "Beatriz de Holanda abdica no seu fillo Guillerme Alexandre".
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2005. Consultado o 22 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Beatriz dos Países Baixos |
- Sitio web oficial Arquivado 25 de marzo de 2011 en Wayback Machine.