Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Betume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Betume natural.
Betume.

O betume[1] é unha mestura de substancias orgánicas altamente viscosa, negra, de alta densidade completamente soluble en disulfuro de carbono e composta principalmente por hidrocarburos aromáticos policíclicos. É un nome xenérico de varias substancias, compostas principalmente de carbono e hidróxeno, que se atopan na natureza e arden con chama, fume mesto e cheiro peculiar. A maioría dos betumes contén xofre e varios metais pesados como níquel, vanadio, chumbo, cromo, mercurio e tamén arsénico, selenio e outros elementos tóxicos. Os betumes poden acadar unha boa conservación de plantas e animais, que forman fósiles nas rochas. O betume tamén se atopa nos meteoritos, rochas arcaicas, mineralizacións de cobre e zinc, e en covas. É posible que o betume sexa o principal material formado durante a acreción da terra e fora procesado polas bacterias que consomen hidrocarburos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para betume.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández Canovas, M. "Materiales Bituminosos"
  • Moncayo V., Jesús. "Manual de pavimentos: asfalto, adoquín, empedrado, concreto"