Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bastión dos Pescadores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Estatua de bronce do rei Estevo I de Hungría

O Halászbástya ou Bastión dos Pescadores é un espazode estilo neogótico e neorrománico situada na beira de Buda do Danubio, no outeiro do castelo real de Budapest, Hungría, preto da igrexa Matías.

O bastión deseñouse e construíuse entre 1895 e 1902 segundo os planos de Frigyes Schulek. As sete torres representan ás sete tribos maxiares que se estableceron na conca carpatiana no ano 896. Recibe o nome do grupo de pescadores responsable de defender este enclave das murallas da cidade na Idade Media. Trátase dun miradoiro con numerosas escaleiras e paseos.

Entre o Bastión e a igrexa Matías álzase unha estatua de bronce de Estevo I de Hungría a cabalo, ergueita en 1906. O pedestal foi construído por Alajos Stróbl, baseándose no proxecto de Frigyes Schulek en estilo neorrománico e con episodios que ilustran a vida do rei.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.