Borja Valle
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1992 Ponferrada, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Borja Valle Balonga, nado en Ponferrada o 9 de xullo de 1992, é un futbolista español. Xoga de dianteiro na Ponferradina, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]SD Ponferradina (2009-2013)
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores da SD Ponferradina facendo o seu debut co equipo filial na tempada 2009-10. O 9 de maio de 2010 debutou co primeiro equipo en Segunda División B xogando os últimos 19 minutos do partido da última xornada contra o Zamora CF no Ruta de la Plata, no que o equipo perdeu 1-0 pero logrou o ascenso á Segunda División.[1]
O 29 de xaneiro da seguinte tempada debutou en Segunda, saíndo como substituto de Yuri no minuto 89 no partido da xornada 22 disputado contra a SD Huesca.[2] O seu primeiro gol na competición produciuse o 12 de marzo, anotando o gol gañador contra o Albacete Balompié (2-1).[3] Xogou un total de 10 partidos esa tempada, os mesmos que na tempada seguinte, co equipo de novo en Segunda B.
Cesións ao Celta de Vigo B e CD Ourense (2012-2013)
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2012 foi cedido ao Celta de Vigo B, tamén da 2ªB, co que disputou 13 partidos e marcou un gol.[4] Ao comezo da tempada seguinte volveu ser cedido, nesta ocasión ao CD Ourense,[5] co que xogou 33 partidos e marcou 4 goles.
CD Ourense (2013-2014)
[editar | editar a fonte]Ao remate da tempada o club galego fichouno xa en propiedade.[6] Marcou 6 goles en liga e 4 máis na Copa Federación, que acabou gañando o seu equipo, pero despois de que os xogadores estivesen varios meses sen cobrar o club foi descendido administrativamente a Terceira División.[7]
Real Oviedo (2014-2016)
[editar | editar a fonte]O 21 de maio de 2014 fichou polo Real Oviedo,[8] sendo unha peza clave no ascenso do equipo asturiano á Segunda División ao final da tempada, referendado pola renovación cos carbayones o 24 de xuño de 2015.[9] Marcou un total de 15 goles nas súas dúas tempadas no club ovetense.
Deportivo da Coruña (2016-2020)
[editar | editar a fonte]O 21 de xuño de 2016 confirmouse a fichaxe do berciano polo Deportivo da Coruña para as seguintes 3 tempadas.[10] Debutou en Primeira División o 26 de agosto, na xornada 2 fronte ao Real Betis no Benito Villamarín. Contou con poucos minutos nos seguintes meses, e en xaneiro foi cedido ao Elche, de Segunda División.[11] Alí marcou catro goles, insuficientes para evitar o descenso do club a 2ª B.[12]
Volveu logo ao Deportivo, co que xogou as seguintes tres campañas, nas que anotou 16 goles e sufriu dous descensos ata a Segunda División B, categoría á que o club galego non caía dende había catro décadas.
FC Dinamo București (2020)
[editar | editar a fonte]En setembro de 2020 fichou polo FC Dinamo București de Romanía.[13] Debutou cun gran gol dende 60 metros fronte ao FC Botoșani,[14] pero deixou o club só tres meses despois, ao non percibir salario ningún dende a súa chegada ao equipo romanés.[15][16]
Oviedo (2021)
[editar | editar a fonte]O 30 de decembro de 2020 o Oviedo anunciou a súa contratación ata final de tempada.[17] Non chegou a se asentar no equipo do Cuco Ziganda, no que xogou 21 partidos, pero só catro deles como titular.
Khor Fakkan (2021)
[editar | editar a fonte]En xullo de 2021 decidiu probar fortuna no fútbol árabe, asinando co Khor Fakkan, da máxima categoría dos Emiratos Árabes Unidos.[18] Con todo, nos seus seis meses no país, xogou só catro encontros no club emiratí, antes de que a súa licenza federativa lle fose retirada, do mesmo xeito que ao seu compañeiro galego Luis Fernández.[19]
Alcorcón (2022)
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2022 regresou a España para fichar polo Alcorcón, da Segunda División.[20] Xogou un total de 19 partidos nos cinco meses que militou no club madrileño, marcando 4 goles, pero o seu equipo acabou baixando á Primeira RFEF ao remate da tempada, sumando así o xogador o sétimo descenso da súa carreira deportiva.[21]
FC Cartagena (2022-2023)
[editar | editar a fonte]En xullo de 2022 fichou polo FC Cartagena, tamén de Segunda, xunto a outros dous futbolistas do Alcorcón: Calero e Óscar Arribas.[22] Contabilizou un total de 41 partidos e 6 goles co equipo de Luis Miguel Carrión, que acabou a liga na novena posición.
Rapid București (2023)
[editar | editar a fonte]No verán de 2023 rexeitou a oferta de renovación do Cartagena e regresou a Bucarest, onde asinou polo outro dos grandes clubs da capital, o Rapid București.[23] Disputou 19 encontros co club romanés, aportando un gol e tres asistencias, ata que en xaneiro decidiu regresar a Ponferrada.[24]
Ponferradina (2024-)
[editar | editar a fonte]O primeiro día do 2024, a Ponferradina confirmou a volta do xogador, máis dunha década despois da súa saída do club.[24]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- CD Ourense
- Copa Federación (1): 2013/14.
- Real Oviedo
- Segunda División B (1) : 2014/15.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Salvados y amigos para siempre". La Opinión de Zamora (en castelán). 9 de maio de 2010. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ Camacho osixena ao Huesca; Marca, 29 de xaneiro de 2011
- ↑ "La Ponferradina vuelve a ganar 17 jornadas después". Marca (en castelán). 12 de marzo de 2011. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ Borja Valle vaise cedido ao Celta B a petición propia Arquivado 05 de xullo de 2015 en Wayback Machine.; Diario de León, 26 de xaneiro de 2012
- ↑ "Borja Valle cedido al CD Ourense"
- ↑ Castilla, Gabriel (6 de xuño de 2013). "Oficial: Ourense, Borja Valle firma a título definitivo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ Fuentes, Ramón (30 de xuño de 2014). "Descenso administrativo del Ourense a Tercera" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ O Oviedo ficha a Borja Valle; La Nueva España, 21 de maio de 2014
- ↑ "Borja Valle renueva por un año con otro por objetivos". La Nueva España (en castelán). 25 de xuño de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ Borja Valle, novo xogador do Deportivo; Marca, 22 de xuño de 2016
- ↑ "Borja Valle se marcha cedido al Elche" (en castelán). 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ "El Elche desciende a Segunda División B tras 18 temporadas" (en castelán). 4 de xuño de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ "Borja Valle ficha por el Dinamo de Bucarest". La Opinión A Coruña (en castelán). 5 de setembro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ Ráez, Cristóbal (11 de setembro de 2020). "Borja Valle ya deja su sello en Rumanía: golazo desde el centro del campo en su debut" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ Barreiros, Pedro (16 de novembro de 2020). "O calvario de Borja Vale, sen cobrar desde que chegou a Romanía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ "Borja Valle deja el Dinamo de Bucarest tras más de dos meses de impagos" (en castelán). 3 de decembro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ "Borja Valle, nuevo jugador del Real Oviedo" (en castelán). 30 de decembro de 2020. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Ex Oviedo: Borja Valle tiene nuevo equipo" (en castelán). 26 de xullo de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ ""Vivimos moi ben, pero non me deixan xogar"". El Progreso. 26 de outubro de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ "Borja Valle es nuevo jugador de la AD Alcorcón" (en castelán). 4 de xaneiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El fútbol sonríe a Borja Valle tras siete descensos e impagos" (en castelán). 19 de febreiro de. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ "Borja Valle se convierte en el tercer futbolista que 'pesca’ el Efesé del descendido Alcorcón" (en castelán). 7 de xullo de 2022. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ "Borja Valle rechaza al FC Cartagena y firma con el Rapid 1923 de Bucarest". La Opinión A Coruña (en castelán). 17 de xuño de 2023. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ 24,0 24,1 "Borja Valle regresa a la SD Ponferradina". 1 de xaneiro de 2024. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Ponferrada
- Nados en 1992
- Futbolistas de Castela e León
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CF Promesas Ponferrada
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do CD Ourense
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do FC Dinamo București
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do FC Rapid București