Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Báscula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Báscula de establecemento comercial.

Unha báscula é un instrumento técnico deseñado para calibrar o peso dunha masa.

Características

[editar | editar a fonte]

As básculas teñen unha plataforma a rentes de chan, onde resulta doado colocar a masa que se desexa pesar. O sistema orixinal de funcionamento estaba baseado nun principio nun xogo de pancas que se activaba ao colocar a masa na plataforma e que logo se equilibraba co desprazamento dunha pía ao longo dunha barra graduada onde se lía o peso da masa. Esta facilidade para poñer masas grandes e pesadas enriba da plataforma é o que fixo posíbel construír básculas cunha capacidade de peso moi grande que se utiliza para pesar camións de gran tonelaxe.