Avo (moeda)
Avo (moeda) † | |
---|---|
仙 -sin- en cantonés | |
Ámbito: | Timor portugués. Macau portugués. Macau. |
Fracción: | |
Moedas: | Timor: 10, 20 e 50 avos. Macau: 5, 10, 20 e 50 avos. |
Billetes: | Timor: 5, 10, 20 e 50 avos. Macau: 1, 2, 5, 10, 20 e 50 avos. |
Emisor: | Banco Nacional Ultramarino. |
O avo (do sufixo portugués: avo) é a moeda divisionaria da pataca macaense, como unidade monetaria de Macau, e, ata 1959, tamén o foi da pataca timorense, unidade monetaria do Timor portugués. En ambos os sistemas, 100 avos corresponden a unha pataca.[1][2]
En Macau
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pataca macaense.
Moedas
[editar | editar a fonte]Ata 1952 non se cuñaron moedas específicas para Macau. Para suplir esta necesidade circulaban moedas de 20 centavos da rexión chinesa de Cantón. En 1952 introducíronse as primeiras moedas de bronce de 5 e 10 avos, así como as de 50 avos de cuproníquel, xunto con outras expresadas na unidade principal (a pataca).[3]
O latón substituíu o bronce nas moedas expresadas en avos da seguinte emisión, en 1967. En 1982 introduciuse unha nova serie de moeda divisionaria en latón con valores de 10, 20 e 50 avos. En 1993 as moedas de 20 avos cuñáronse de forma dodecagonal.[3]
Imaxe | Valor facial | Datas | Aliaxe | Peso | Diámetro |
---|---|---|---|---|---|
5 avos | 1952 | Bronce | 2,00 g | 16,90 mm | |
1967 | Níquel-latón | 2,60 g | 17,00 mm | ||
10 avos | 1952 | Bronce | 4,02 g | 20,30 mm | |
1967
a 1976 |
Níquel-latón | 3,90 g | 22,00 mm | ||
1982
a 1988 |
Latón | 3,30 g | 19,10 mm | ||
1993
a 2010 |
Latón | 1,38 g | 17 mm | ||
20 avos | 1982
a 1985 |
Latón | 5,70 g | 21,1 mm | |
1993
a 1998 |
Latón | 2,80 g | 20 mm | ||
50 avos | 1952 | Cuproníquel | 3,60 g | 20 mm | |
1972
1973 |
Cuproníquel | 5,80 g | 23 mm | ||
1978 | Cuproníquel | 5,90 g | 23 mm | ||
1982
a 1985 |
Latón | 2,75 g | 23 mm | ||
1993 | Bronce | 4,59 g | 23 mm |
Billetes
[editar | editar a fonte]O Banco Nacional Ultramarino emitiu en febreiro de 1920 os primeiros billetes de 5, 10 e 50 avos, que complementaban as primeiras series emitidas desde 1905 con valores expresados en patacas. En 1942 sumáronselle á serie os valores de 1 e 20 avos. En 1946 levouse a cabo unha terceira emisión de billetes divisionarios, con valores de 5, 10, 20 e 50 avos, e en 1956 proxectouse unha derradeira emisión, cos valores desde 1 a 20 avos (incluíndo o novo de 2 avos), da que se chegaron a imprimir en Londres algúns exemplares de proba, aínda que non chegaron a pórse en circulación.[17]
Valor nominal | Datas | Cor | Medidas | Tipo de emisión | Impresor |
---|---|---|---|---|---|
1 avo | 1942 | Marrón agrisado | 47x42 | . | Hong Kong Printing Press. |
1952 | 69x42 | Proba non posta en circulación. | Londres. | ||
2 avos | 1952 | Púrpura | 80x45 | Proba non posta en circulación. | Londres. |
5 avos | 1920 | Marrón | 84x46 | Hong Kong Printing Press. | |
1942 | Marrón | 84x46 | Hong Kong Printing Press. | ||
1946 | Marrón-verde | 85x50 | Hong Kong Printing Press. | ||
1952 | Marrón | 90x50 | Proba non posta en circulación. | Londres. | |
10 avos | 1920 | Verde | 98x64 | Hong Kong Printing Press. | |
1942 | Azul | 100x55 | Hong Kong Printing Press. | ||
1946 | Vermello-Azul | 98x56 | Hong Kong Printing Press. | ||
1952 | Verde | 100x55 | Proba non posta en circulación. | Londres. | |
20 avos | 1942 | Marrón | 104x60 | Hong Kong Printing Press. | |
1946 | Violeta-vermello | 110x58 | Hong Kong Printing Press. | ||
1952 | Oliva | 110x60 | Proba non posta en circulación. | Londres. | |
50 avos | 1920 | Negro-laranxa | 122x66 | Hong Kong Printing Press. | |
1942 | Púrpura | 123x66 | Hong Kong Printing Press. | ||
1946 | Azul/violeta | 118x60 | Hong Kong Printing Press. |
En Timor
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pataca timorense.
Moedas
[editar | editar a fonte]En 1945, o Banco Nacional Ultramarino comezou a emitir unha serie de moedas de 10 avos, 20 avos e 50 avos. As súas características metrolóxicas correspondíanse coas das portuguesas de 20 centavos e de 1 e 2½ escudos. Estas emisións detivéronse en 1951.[35]
Imaxe | Valor facial | Datas | Aliaxe | Peso | Diámetro |
---|---|---|---|---|---|
10 avos | 1945
1958 1951 |
Bronce | 3,00 g | 20,00 mm | |
20 avos | 1945 | Alpaca | 8,00 g | 26,80 mm | |
50 avos | 1945
1948 1951 |
Prata | 3,5 g | 20,00 mm |
Billetes
[editar | editar a fonte]En 1940 introducíronse en Timor billetes fraccionarios de 5, 10 e 50 avos. Algúns destes billetes eran simples reestampaxes sobre billetes de avos macaenses.[37][38]
Valor nominal | Datas | Cor | Medidas | Tipo de emisión | Impresor |
---|---|---|---|---|---|
5 avos | 1940 | Marrón | 85x47 | Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d). | Hong Kong Printing Press. |
5 avos | 1940 | Vermello | 90x55 | Emisión específica. | Bradbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London. |
10 avos | 1940 | Verde | 100x55 | Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d). | Hong Kong Printing Press. |
10 avos | 1940 | Verde | 105x60 | Emisión específica. | Bradbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London. |
50 avos | 1940 | Marrón | 124x65 | Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d). | Kong Printing Press. |
50 avos | 1940 | Púrpura | 120x65 | Emisión específica. | Baldbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Avo". En Münzen Lexikon. Reppa.de
- ↑ "The unusual history of the pataca, Macao’s local currency Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.". En MacauHUB. 7 de decembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Pierry, P. (2018). "Moedas de Macau: a história numismática de Macau". Collectgram.com
- ↑ 4,0 4,1 "5 avos 1952". Numista.
- ↑ "5 avos 1967". Numista.
- ↑ 6,0 6,1 "10 avos 1952". Numista.
- ↑ "10 avos 19567-1976". Numista.
- ↑ "10 avos 1982-1988". Numista.
- ↑ "10 avos 1993-2010". Numista.
- ↑ "20 avos 1982-1985". Numista.
- ↑ "20 avos 1993-1998". Numista.
- ↑ "50 Avos 1952". Numista.
- ↑ "50 Avos 1972-1973". Numista.
- ↑ "50 Avos 1978". Numista.
- ↑ "50 Avos 1982-1985". Numista.
- ↑ "50 Avos 1993". Numista.
- ↑ Sáez Salgado J. (1997). Páxinas 55-66.
- ↑ "1 avo 1942". Realbanknotes.com
- ↑ "1 avo 1952". Realbanknotes.com
- ↑ "2 avos 1952". Realbanknotes.com
- ↑ "5 avos 1920". Realbanknotes.com
- ↑ "5 avos 1942". Realbanknotes.com
- ↑ "5 avos 1946". Realbanknotes.com
- ↑ "5 avos 1952". Realbanknotes.com
- ↑ "10 avos 1920". Realbanknotes.com
- ↑ "10 avos 1942". Realbanknotes.com
- ↑ "10 avos 1946". Realbanknotes.com
- ↑ "10 avos 1952". Realbanknotes.com
- ↑ "20 avos 1942". Realbanknotes.com
- ↑ "20 avos 1946". Realbanknotes.com
- ↑ "20 avos 1952". Realbanknotes.com
- ↑ "50 avos 1920". Realbanknotes.com
- ↑ "50 avos 1942". Realbanknotes.com
- ↑ "50 avos 1946". Realbanknotes.com
- ↑ Cuhaj G.; Michael T.; Miller H. (2011). Páxina 2.093.
- ↑ "20 avos". Numista.
- ↑ Sáez Salgado J. (1997). Páxinas 101-110.
- ↑ 38,0 38,1 Mongadesilva. (2011). "Catálogo das notas de Timor". Numismatas.com
- ↑ "5 avos de 1940". Realbanknotes.com
- ↑ "5 avos de 1940 (vermello)". Realbanknotes.com
- ↑ "10 avos de 1940". Realbanknotes.com
- ↑ "10 avos de 1940". Realbanknotes.com
- ↑ "50 avos de 1940". Realbanknotes.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Correia de Campos, J. A. (1932). A Resolucão do Problema Monetario de Timor. Sociedade Nacional de Tipografia. Lisboa.
- Ferraro Vaz, J. (1964). Moeda de Timor. Banco Nacional Ultramarino. Lisboa.
- Cuhaj G.; Michael T.; Miller H. (2011). Standard Catalog of World Coins 1901-2000. 39 ed. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-1172-8
- Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
- Pick, A. (1990). Standard Catalog of World Paper Money: Specialized Issues (6th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-149-8
- Sáez Salgado J. (1997). O Papel Moeda das antigas Colónias Portuguesas Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.. Lisboa. Fundação Dr. António Cupertino de Miranda. ISBN 972-96694-3-0