Aragonta González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 900 Galicia, España |
Morte | c. 977 (67/77 anos) Salceda de Caselas, España, presumiblemente |
Consorte real de León | |
922 – 923 ← Elvira Menendiz – Sancha Sánchez de Pamplona → | |
Familia | |
Cónxuxe | Ordoño II de Galicia e León |
Pais | Gonzalo Afonso Betote e Tareixa Eiriz |
Irmáns | Hermenexildo Gundisalviz |
Aragonta González, nada en Galicia c. 900/908 e finada en Salceda de Caselas ?, c. 977,[1][2] foi unha nobre galega, brevemente raíña consorte de León polo seu matrimonio con Ordoño II, de quen foi esposa durante pouco máis dun ano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do conde Gonzalo Afonso Betote e de Tareixa Eriz,[3] a filla do conde de Lugo, Ero Fernández. Tivo como irmáns os condes Paio e Hermenexildo González, dous nobres de importancia no nordeste da Península Ibérica durante a primeira metade do século X.[1]
En 922 casou co rei Ordoño II, despois da morte en 921 da anterior raíña, Elvira Méndez, segundo os datos que ofrece a Crónica de Sampiro.[1][3] O matrimonio non durou moito, pouco máis dun ano, despois Ordoño repudiouna, segundo a crónica porque non era do seu gusto,[1] feito polo que o monarca fixo penitencia.[3] Pouco despois o rei comprometeuse coa súa terceira muller, Sancha de Pamplona.[1]
Descoñécese se tivo descendencia. Finalizado o matrimonio volveu a Galicia,[1] onde fundou o mosteiro de Salceda de Caselas, onde é documentada en 967. Probabelmente viviu alí até a súa morte, acaecida cara ao 977.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Torres Sevilla-Quiñones, Margarita. Real Academia da Historia, ed. "Aragonta González". Diccionario biográfico electrónico. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Andrade Cernadas, José Miguel (2014). "Asilos monásticos: vejez y mundo cenobítico en el noroeste hispánico". En AADD (ed.). Mundos medievales: espacios, sociedades y poder. vol. 1. Santander: Universidade de Cantabria. p. 322.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La familia gallega del rey Alfonso Froilaz (926-931)" (PDF). Rudensindus (núm. 9): 123.[Ligazón morta]