Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aquemenes (rei)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAquemenes
Nome orixinal(und) 𐏃𐎧𐎠𐎶𐎴𐎡𐏁
(und) 𒄩𒀝𒋡𒉽𒉡𒆜
(und) 𒀀𒄩𒈠𒉌𒅖𒀪
(grc) Ἀχαιμένης
(la) Achaemenes
(fa) هخامنش Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII a. C. Editar o valor en Wikidata
Irán Editar o valor en Wikidata
Morteséculo VII a. C. Editar o valor en Wikidata
Irán Editar o valor en Wikidata
Gran Rei
688 a. C. – 675 a. C. – Teispes → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía aqueménida Editar o valor en Wikidata
FillosTeispes Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Achaimenēs (persa antigo Haxāmaniš "Amigábel por natureza", helenizado como Αχαιμενης) foi o devanceiro epónimo da casa real do primeiro Imperio persa, os Aqueménidas. Aquemenes non gobernou todo Irán, senón só un pequeno territorio na parte noroccidental do país próximo ao lago Urmia, ao que as inscricións asirias chaman Parsumaš "Terra dos Parsu 'Persas'".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debido á falta de fontes históricas sobre Aquemenes, dubídase ás veces do seu reinado e da súa existencia. Pode ser un personaxe lendario. Mesmo pode ser que Darío I o inventase para lexitimizar o seu poder. Como Darío non era o herdeiro do anterior Xa, Ciro II), suponse que Darío inventou un devanceiro máis antigo compartido entre Ciro e el mesmo. Deste xeito podía reclamar a súa pertenza a unha liñaxe real.

En todo caso, a dinastía real persa de Darío en diante honrou a Aquemenes e críano o fundador da súa dinastía. Non obstante, moi pouco se recordaba acerca da súa vida e accións. Contando con que existise, Aquemenes foi un xefe guerreiro que guiou aos persas, ou a unha tribo de persas, como vasalo do Imperio Medo. Unha inscrición asiria da época do rei Senaquerib menciona que o rei asirio refugou un ataque dos Parsu, que moitos pensan que foi guiado por Aquemenes.

Os escritores da Grecia antiga danos algunhas informacións lendarias sobre Aquemenes: chámanlles á súa tribo os Pasargadae, e din que fora "criado por unha aguia". Platón, cando escribía sobre os persas, identificaba a Aquemenes con Perses, devanceiro dos persas na mitoloxía grega. De acordo con Platón, Aquemenes / Perses era fillo da raíña etíope Andrómeda e do heroe grego Perseo, e neto de Zeus. Escritores posteriores crían que Aquemenes e Perses eran persoas distintas, e que Perses era un devanceiro do rei.

A antiga versión greco-europea da historia asegura que a Aquemenes o sucedeu o seu fillo Teispes, que había levar aos persas a conquistaren e ocuparen a cidade de Anshan. O seu bisneto foi Ciro II, que venceu aos medos e fundou o Imperio persa. Con todo, nunca nos textos persas antigos se fai mención de Teispes como fillo de Aquemenes, senón como 'un aqueménida'. Así, o nome podería ter identificado só á familia e non necesariamente a unha persoa.