Alejandra Juno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1973 (50 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | actriz, escritora |
Xénero artístico | Dramaturxia |
Familia | |
Pais | Luis Rodríguez Miguez e Mariluz Villar Otón |
Alejandra Juno Rodríguez Villar, coñecida como Alejandra Juno, nada en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1973[1], é unha actriz e escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Luis Rodríguez Míguez e Mariluz Villar Otón, é doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e cun mestrado en Estudos teatrais pola Universidade da Coruña.
Comezou no teatro á idade de sete anos no Estudo de Artes Escénicas de Ourense, dirixido pola súa nai Mariluz Villar. Dirixe o grupo de teatro chamado "Juno Teatro", dedicado principalmente á farsa e ó teatro simbólico. Tamén se dedica á escrita dramática, con obras que representa co seu grupo e traballou así mesmo como guionista da TVG, no programa Luar e a serie Terra de Miranda, entre outros.
Dedícase primordialmente á investigación cunha tese doutoral sobre o grupo de teatro compostelán Ditea, dirixida por Xosé Ramón Barreiro, e ten escrito unha serie de artigos sobre cine en El Correo Gallego.
Colabora asiduamente co grupo de teatro Yeses. En 2010 a Editorial Fundamentos, especializada en teatro, publicou dúas das súas obras: Eurolé e El retablo de las criadillas.
En 2012 publicou Cuando Compostela subió el telón,[2][3] un libro sobre os dez primeiros anos de Ditea, o grupo de teatro que os seus pais Luis Rodríguez Miguez e Mariluz Villar crearon en 1960 en Santiago de Compostela, recoñecido como o comezo do teatro galego contemporáneo.
Obra
[editar | editar a fonte]- El retablo de las criadillas (2007). Deputación de Ourense / Editorial Galaxia.
- El retablo de las criadillas / Eurolé. Batallitas del viejo continente (2010). Editorial Fundamentos. Colección Espiral, nº 375.
- Cuando Compostela subió el telón. Crónica sentimental de la década dorada del teatro santiagués, Ditea 1960-1970 (2012). Alvarellos Editora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha en MulleresExpertas.info.
- ↑ "Cuanco Compostela subió el telón". Alvarellos Editora. Consultado o 9-3-2016.
- ↑ "Obras | Alejandra Juno Obras". www.alejandrajuno.com. Consultado o 9-3-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El retablo de las criadillas / Eurolé. Batallitas del viejo continente
- Recensión do texto "El retablo de los criadillas", en Periodista digital (2007) (en castelán).