Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Al Attles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAl Attles

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 2024 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Área da baía de São Francisco, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico romano Editar o valor en Wikidata
EducaciónWeequahic High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 1971 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porGolden State Warriors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Philadelphia Warriors
North Carolina A&T Aggies men's basketball
Premios

Alvin Austin Attles Jr., nado en Newark (Nova Jersey) o 7 de novembro de 1936 e finado en California o 20 de agosto de 2024, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira en ambas funcións nos Golden State Warriors National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no trixésimo noveno posto do Draft da NBA polos Philadelphia Warriors en 1960. Tras a súa retirada, os Warriors retiraron o seu número 16 na súa honra. Attles foi o primeiro adestrador afroamericano da NBA, e o segundo en conseguir un anel de campión (1975) tras Bill Russell. Continuou acudindo a todos os partidos como local dos Warriors, exercendo como embaixador do equipo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Al Attles xogou durante tres tempadas cos Aggies da Universidade de North Carolina A&T, nas que fixo unha media de 13,1 puntos e 3,3 rebotes por partido.[1]

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na trixésimo novena posición do Draft da NBA de 1960 polos Philadelphia Warriors, onde xogou como base suplente dando minutos de descanso ao titular Guy Rodgers. Na súa primeira tempada no equipo fixo unha media de 7,0 puntos e 2,3 asistencias por partido. Ao ano seguinte gañou protagonismo, acadando a titularidade e disputando a que posteriormente sería a súa mellor temporada como profesional con medias 11,3 puntos, 4,7 rebotes e 4,4 asistencias por encontro.

Na temporada 1962-63 o equipo trasladouse a San Francisco, cambiando de conferencia, e sufrindo na súa primeira tempada no Oeste, pasando de ser un equipo de elite a non clasificarse para os Playoffs. Porén, todo cambiou ao ano seguinte, logrando chegar ás Finais da NBA, onde caeron derrotados por Boston Celtics. Attles fixo ese ano medias ese ano 10,9 puntos e 3,4 rebotes por partido. Xogou durante 7 tempadas máis no equipo, as dúas últimas como xogador-adestrador. No total da súa carreira promedió 8,9 puntos, 3,5 rebotes e 3,5 asistencias.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

A finais da temporada 1969-70 asumiu o posto de xogador-adestrador dos Warriors, para centrarse definitivamente nos labores do banco un ano despois. O seu maior éxito produciríase na tempada 1974-75, cun cadro de xogadores liderado por Rick Barry conseguiron gañar as Finais aos Washington Bullets, claros favoritos, por un contundente 4-0, cando o ano anterior nin sequera puideran clasificarse para os playoffs. Converteuse así no segundo adestrador afroamericano en gañar un anel de campión como adestrador, tras Bill Russell.

As dúas tempadas seguintes seguiron clasificándose para os playoffs, pero caeron na final da Conferencia Oeste en temporada 1976 ante Phoenix Suns e ao seguinte en semifinais ante Los Angeles Lakers. As súas seis últimas temporadas foron un calvario, non logrando clasificar ao equipo en ningunha delas para os playoffs, ata que deixou o posto ao finalizar a temporada 1982-83. Posteriormente exerceu os labores de director xeral do equipo.

  1. Basketball Reference (ed.). "Al Attles NBA & ABA Statistics" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2012. Consultado o 17 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]