Agustín Rodríguez Castro
Nome orixinal | (es) Agustín Rodríguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Agustín Julio Rodríguez Castro 29 de agosto de 1885 O Vicedo, España |
Morte | 2 de outubro de 1957 (72 anos) Cuba |
Residencia | Cuba (1901–) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cuba |
Ocupación | escritor, letrista, compositor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Agustín Rodríguez Castro, nado no Vicedo o 29 de agosto de 1885 e finado en Cuba o 2 de outubro de 1957, foi un escritor e compositor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orfo de pai, emigrou a Cuba en 1901 co seu tío materno José Castro Mera. Traballou como tipógrafo e despois empezou a compoñer zarzuelas e sainetes. En 1908 estreou a súa primeira obra, Cuba se hunde, e en 1912 viaxou a México coa compañía de Arquímides Pous. Despois traballo no Teatro Alhambra como apuntador. Alí se representaron as súas primeiras obras, Ramón, el conquistador e De guardia a motorista. Permaneceu nese teatro até 1930 e escribiu La toma de Veracruz, La mulata, La rumba en España, Qué tiene la niña, Arreglando el mundo e La blanca que tenía el alma negra, coa que gañou un concurso de libretos en 1927. Compuxo cancións e os sainetes La cleptómana, Tres gallegos en un tiro, Carne y pescado e ¡Apaga y vámonos!.
En 1931 deixou o Teatro Alhambra, asociouse con Manuel Suárez Pastoriza (un emigrante de Negreira dono dun popular café) para facerse cargo do Teatro Martí e crear a Compañía de Zarzuelas Cubanas, con Gonzalo Roig, Rodrigo Prats e Ernesto Lecuona como compositores e directores de orquestra. Escribiu os libretos de María de la O, El clarín, La hija del sol, Carmiña, Perlas, Habana de noche, El pirata, Amalia Batista e Cecilia Valdés. Nesa época púxolle letra a melodías de varios músicos, a máis famosa foi "Quiéreme mucho", pero tamén compuxo as de "La veguerita", "Hija del amor", "Ojos brujos" e "Yo te amé". Escribiu os guións das películas Sucedió en La Habana, El romance del Palmar (1938) e Estampas habaneras (1939).