Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aethelhere de Anglia Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAethelhere de Anglia Oriental
Biografía
Nacementosen valor Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 655 Editar o valor en Wikidata
Rei de Anglia Oriental
654 – 655
← Anna de Anglia OrientalAethelwald de Anglia Oriental → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaWuffingas Editar o valor en Wikidata
PaiEni de Anglia Oriental Editar o valor en Wikidata
IrmánsÆthelric
Aethelwald de Anglia Oriental
Anna de Anglia Oriental Editar o valor en Wikidata

Æthelhere, finado o 15 de novembro de 655, foi rei de Anglia Oriental de 653 ou 654 até a súa morte. Era membro da dinastía Wuffinga e un do tres fillos de Eni que gobernarían Anglia Oriental como reis cristiáns. Sobriño de Rædwald, que foi o primeiro wuffinga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rædwald e o seu fillo Eorpwald gobernaron como pagáns antes de se converteren ao cristianismo. Tras o asasinato de Eorpwald ao redor de 627, os anglos orientais volveron brevemente ao paganismo, antes de que o cristianismo fose restablecido por Sigeberht, que acabaría abdicando a favor do seu cogobernante Ecgric, antes de que os anglos fosen derrotados por Penda de Mercia. Os monxes en Cnobheresburg foron expulsados e o sucesor de Ecgric, Anna tivo que se exiliar. En 653 Penda atacou novamente Anglia Oriental e, na Batalla de Bulcamp, Anna e o seu fillo perderon a vida, e o exército de Anglia Oriental foi derrotado. Æthelhere converteuse entón en rei de Anglia Oriental, posibelmente gobernando conxuntamente co seu irmán  Æthelwold. Durante o reinado de Æthelhere construíuse o mosteiro de Botwulf en Iken.

En 655, Æthelhere era un de trinta nobres guerreiros que se uniron a Penda para invadir Northumbria, pondo asedio a Oswiu e ao moito máis pequeno exército northumbriano. A batalla tivo lugar o 15 de novembro de 655, preto do Winwæd, un río non identificado. Os northumbrianos venceron e moitos dos mercianos e os seus aliados perderon a vida. Penda e Æthelhere morreron.

Map of Anglo-Saxon Britain
Os reinos anglosaxóns principais

Despois do fin do dominio romano en Britania, a rexión agora coñecida como Anglia Oriental foi colonizada por un grupo xermánico setentrional coñecido como anglos, a pesar de que hai evidencia de poboamento temperán da rexión por outras minarías, como os suabos, que se asentaron ao redor da cidade moderna de Swaffham[1]. Cara a 600, varios reinos comezaran a formarse no sur de Gran Bretaña, en territorios conquistados por anglos, saxóns, xutos e frisóns[2]. A dinastía gobernante en Anglia Oriental eran os Wuffingas, nomeados así por Wuffa, un antigo rei[3]. O primeiro rei coñecido que gobernou foi Rædwald, cuxo reinado abarcou un trimestre dun século de aproximadamente 599[4].

Æthelhere era probabelmente o segundo dos fillos de Eni, o irmán de Raedwald. Catro fillos son coñecidos con certeza: Æthilric, o pai de Ealdwulf, Anna, Æthelhere e Æthelwold, o seu sucesor[5]. Os irmáns parecen estar firmemente comprometidos co cristianismo: Æthilric casou con Hereswith, sobriña-neta de Edwin de Northumbria[6]. Anna é descrito por Beda como unha figura case santa e pai dunha gran familia relixiosa, que propiciou a conversión de Cenwalh de Wessex, e Æthelwold foi padriño de Swithhelm de Essex durante o seu bautismo[7][8].

Æthelhere presenciou as fortunas da súa dinastía durante os anos de Raedwald e despois. Os anglos orientais baixo Raedwald foran convertidos ao cristianismo, pero ao redor de 627, durante o reinado do seu fillo Eorpwald, volveron ao paganismo, despois de que Eorpwald fose asasinado por un pagán tras a súa sucesión e bautismo. O asasino, Ricberht, puido gobernar varios anos até ser sucedido por Sigeberht, que restableceu o cristianismo[9].

Desestabilización merciana de Anglia Oriental

[editar | editar a fonte]

Sigeberht abdicou en favor do seu cogobernante Ecgric e retirouse á vida monástica, pero pouco despois os anglos foron atacados polos mercianos de Penda. Ecgric apelou a Sigeberht para que os dirixise en batalla, pero este negouse, polo que foi arrastrado ao combate. A derrota de Anglia Oriental foi total e tanto Ecgric como Sigeberht morreron[10].

O sucesor de Ecgric, Anna, desafiou a Penda durante o seu reinado[11]. En 645, despois de que Cenwalh de Wessex renunciase á súa muller, irmá de Penda, este expulsouno do seu trono e exiliouno[12]. Anna era bastante forte para ofrecer protección a Cenwalh, que se converteu ao cristianismo e regresou a Wessex en 648 para gobernar como rei cristián[13]. Anna probabelmente proporcionou apoio militar a Cenwalh[14].

A finais dos anos 640, o monxe irlandés Furseo, pasando un ano como ermitán, abandonou Anglia Oriental e partiu cara á Galia. O seu mosteiro en Cnobheresburg (identificado por algúns con Burgh Castle) quedou nas mans do seu medio-irmán, Foilan[15]. En 651, pouco despois da súa saída, a ameaza pagá que previra converteuse en realidade, cando Foilan e a súa comunidade foron expulsados polo exército de Penda e Anna tivo que exiliarse[16].

En 653 ou a comezos de 654, despois de que Anna regresase do exilio, Penda dirixiu un ataque directo contra Anglia Oriental. Ambos os exércitos enfrontáronse en Bulcamp (preto de Blythburgh en Suffolk), onde Anna e o seu fillo morreron e o exército de Anglia Oriental foi masacrado. Æthelhere entón sucedeu ao seu irmán como rei-cliente de Penda, a pesar de que Barbara Yorke suxeriu que Æthelhere e o seu irmán Æthelwold puideron reinar conxuntamente, xa que Beda refírese a ambos os homes como sucesores de Anna[17][18][19].

O breve reinado de Æthelhere, durante o que Brigilso foi bispo en Dommoc, presenciou a construción do mosteiro de Botolph en Iken[20][21]. O sitio sitúase na área de influencia de Rendlesham e Sutton Hoo. Æthelhere disporía o funeral do seu irmán, cuxo suposto enterramento sería Blythburgh[22][23].

Durante 655, Æthelhere uniuse con Penda para atacar Northumbria. Steven Plunkett afirma que Æthelhere cambiou de bando para distraer a atención de Penda de Anglia Oriental e evitar a destrución do seu reino[24]. Penda Invadiu Northumbria cunha forza de trinta duces regii (ou comandantes reais) baixo a súa orde incluíndo un continxente de britanos[25]. Puxo asedio a Oswiu en Maes Gai, no distrito de Loidis, que probabelmente naquel tempo estaba baixo a influencia de Rheged[26]. Oswiu ofreceu un gran rescate que, segundo Beda, foi rexeitado (pero segundo a Historia Brittonum, foi aceptado e repartido) — en calquera caso Penda resolveu establecer batalla e destruír aos northumbrianos[27]. Oswiu contaba cunha forza moito máis pequena, pero os exércitos galeses de Cadafael de Gwynedd levantaron o campamento a véspera e outro dos aliados de Penda, Aethelwald de Deira mantívose á marxe[28].

A parte crucial da batalla, loitouse o 15 de novembro de 655, nas beiras do río Winwæd[29]. As augas do Winwæd rebordaran e inundaran a terra . Os northumbrianos obtiveron a vitoria e masacraron as forzas de Mercia, moitos deles asasinados cando fuxían. Penda morreu na batalla xunto con Æthelhere:

Entre eles estaba Aethelhere, irmán e sucesor de Anna, rei dos anglos orientais. Fora a ocasión da guerra, e agora estaba morto, tras perder o seu exército e auxiliares.
Beda. Historia ecclesiastica gentis Anglorum, III, 24
  1. Sandred, East Anglian Place-names, p. 41.
  2. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 1.
  3. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 61.
  4. Plunkett, Suffolk, p. 70.
  5. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 68.
  6. Plunkett, Suffolk, p. 100.
  7. Plunkett, Suffolk, p. 110.
  8. Plunkett, Suffolk, pp. 118-119.
  9. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 62
  10. Plunkett, Suffolk, pp. 105-106
  11. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 63.
  12. Stenton, Anglo-Saxon England, p. 67.
  13. Swanton, The Anglo-Saxon Chronicle, p. 26.
  14. Plunkett, Suffolk in Anglo-Saxon Times, p. 110.
  15. Plunkett, Suffolk, pp.104, 110.
  16. Plunkett, Suffolk, pp. 111-112.
  17. Plunkett, Suffolk, p. 114.
  18. Hoggett, The Archaeology of the East Anglian Conversion, p. 33.
  19. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 69.
  20. Fryde et al., British Chronology, p. 216.
  21. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 71.
  22. Yorke, Kings and Kingdoms, pp. 70-71.
  23. Plunkett, Suffolk, p. 117.
  24. Plunkett, Suffolk, p.114
  25. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 105.
  26. Fraser, From Caledonia to Pictland: Scotland to 795, p. 187.
  27. Plunkett, Suffolk, p. 115.
  28. Plunkett, Suffolk, pp. 114-115.
  29. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 159.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]