Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Adolfo Frederico de Mecklemburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdolfo Frederico de Mecklemburgo

Adolfo Frederico de Mecklemburgo en 1962
Nome orixinalAdolfo Frederico Alberte de Mecklemburgo
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1873
Schwerin, Gran Ducado de Mecklemburgo-Schwerin
Morte5 de agosto de 1969
Eutin, Schleswig-Holstein
Lugar de sepulturaSchleswig-Holstein Editar o valor en Wikidata
ResidenciaVilla Feodora (en) Traducir (1924–1945)
Eutin Castle (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadealemá
Actividade
Lugar de traballo Ratzeburg
Mecklemburgo (pt) Traducir
Togolândia (pt) Traducir
Mecklenburg-Schwerin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, político, administrador colonial, entomólogo
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloDuke of Mecklenburg-Schwerin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxePrincess Elisabeth of Stolberg-Rossla (1924–)
Princess Victoria Feodora Reuss (1917–) Editar o valor en Wikidata
FillosDuchess Woizlawa Feodora of Mecklenburg-Schwerin
 () Princess Victoria Feodora Reuss Editar o valor en Wikidata
PaisFrederico Francisco II de Mecklenburg-Schwerin Editar o valor en Wikidata  e Maria de Schwarzburg-Rudolstadt Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel de Mecklenburg-Schwerin
Maria Pavlovna da Rússia
Paulo Frederico de Mecklenburg-Schwerin
Hendrik van Mecklenburg-Schwerin
Frederico Francisco III, Grão-duque de Mecklenburg-Schwerin
João Alberto de Mecklenburg-Schwerin
Duke Friedrich Wilhelm of Mecklenburg-Schwerin Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: VonMecklenburg-Schwerin-9

O duque Adolfo Frederico Alberte de Mecklemburgo (en alemán: Adolf Friedrich Albrecht Heinrich), nado en Schwerin o 10 de outubro de 1873, e finado en Eutin o 5 de agosto de 1969, foi un explorador alemán en África, un político colonial, que foi elixido duque do Ducado Unido do Báltico, exercendo desde o 5 de novembro ao 28 de novembro de 1918.

Foi tamén o primeiro presidente do Comité Olímpico Nacional de Alemaña (desde 1949 a 1951).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro fillo de Frederico Francisco II, gran duque de Mecklemburgo-Schwerin (1823-1883), e da súa terceira esposa, a princesa María de Schwarzburgo-Rudolstadt. Seu irmán máis novo foi o príncipe Henrique Vladimiro de Mecklemburgo-Schwerin, príncipe consorte da raíña Guillermina dos Países Baixos.

Explorador en África

[editar | editar a fonte]

Desde 1907 até 1908, Adolfo Frederico encabezou unha expedición científica de investigación en África Central, a atravesou África de leste a oeste. En 1908 foi galardoado coa Medalla Eduard Vogel da Asociación de Xeografía de Leipzig. Os insectos recollidos nas súas expedicións, e da súa residencia en Togo (onde foi gobernador) encóntranse no Museo de Historia Natural de Berlín e no Museo Senckenberg de Frankfurt.

De 1910 a 1911 encabezou unha expedición ao lago Chad e os ríos setentrionais da conca do Congo até o Nilo, no actual Sudán. Adolfo Frederico e os seus compañeiros exploraron a daquela pouco coñecida rexión do bosque primario dos tributarios do Congo e a conca do lago Chad. Grupos individuais estenderon as súas exploracións ao río Bahr al Ghazal, cerca do alto Nilo, mentres outros viaxaron ao sur de Camerún e ás illas do golfo de Guinea. O Vom Kongo zum Niger und Nil ("Desde o Congo até o Níxer e o Nilo"), é un tratado en dous volumes baseado nas súas expedicións de 1910-1911; ten na actualidade unha excelente reputación polo seu detalle e imaxes.

Desde 1912 até 1914 Adolfo Frederico foi o último gobernador de Togolandia na África Occidental Alemá, e foi convidado durante a celebración oficial da independencia de Togo en 1960. Despois da primeira guerra mundial, serviu como vicepresidente da Sociedade Colonial Alemá para a África Suroccidental, entidade de carácter privado; seu irmán Xoán Alberte foi o presidente desde 1895 até 1920.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.