Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Anna Seghers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Seghers

(1966) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Netty Reiling Editar o valor en Wikidata
19 de novembro de 1900 Editar o valor en Wikidata
Maguncia, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1983 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Berlín Leste, República Democrática Alemá Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Dorotheenstadt Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBerlín (1947–1983)
México (1941–1947)
París (1934–1940)
Berlín
Adlershof (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Heidelberg (–1922)
Universidade de Colonia (–década de 1920) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, membro da resistencia, escritora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista de Alemaña (1928–)
Partido Socialista Unificado de Alemaña Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCiencia ficción Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAnna Seghers Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJohann Lorenz Schmidt (1925–) Editar o valor en Wikidata
FillosPierre Radvanyi, Ruth Radvanyi Editar o valor en Wikidata
PaisIsidor Reiling Editar o valor en Wikidata  e Hedwig Reiling Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:2)
Obálky knih,
Verbrannt, verboten, vergessen (en) Traducir, (p.174-178) >>>:Seghers, Anna Editar o valor en Wikidata
Sitio webanna-seghers.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0782037 Allocine: 92062 Allmovie: p314679
BNE: XX1139939 Musicbrainz: 7b9e08e8-7786-4b2c-97f0-8a440c89b680 Discogs: 1027476 WikiTree: Reiling-69 Find a Grave: 8379875 Editar o valor en Wikidata

Anna Seghers (pseudónimo de Netti Radványi, nada Netti Reiling), nada o 19 de novembro de 1900 en Mainz, Imperio Alemán, morta en Berlín Leste, República Democrática Alemá 1 de xuño de 1983, foi unha escritora alemá e presidenta de Unión de escritores da República Democrática Alemá entre 1952 e 1978.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe e educación

[editar | editar a fonte]

Anna Seghers foi filla única do vendedor de arte e antigüidades Isidor Reiling e da súa muller, Hedwig. O pai era membro da sinagoga ortodoxa da cidade. Estudou dende 1907 nunha escola privada e despois na escola para rapazas Höhere Mädchenschule en Mainz. Durante a primeira guerra mundial colaborou nos servizos de socorro. En 1920 aprobou a Abitur ( exame que permite o acceso a estudos superiores). Estudou en Colonia e Heidelberg Historia, Historia da Arte e Sinoloxía. En 1924 presentou a súa tese doutoral na Universidade de Heidelberg, cunha disertación sobre o xudaísmo na obra de Rembrandt

Matrimonio e primeiras publicacións

[editar | editar a fonte]

En 1925 casou co sociólogo húngaro László Radványi, tamén de orixe xudía, que cambiou o seu nome a Johann Lorenz Schmidt despois da voda. A parella marchou a Berlín onde tivo dous fillos . O seu fillo Peter (Pierre) Radványi, nado en 1926, é físico e autor dun libro de memorias sobre a súa nai. En 1924 publicou nun xornal o seu primeiro conto Die Toten auf der Insel. O seu relato Grubetsch que apareceu en 1927 firmado co pseudónimo ‘’’Seghers’’’, tomado do pintor e augafortista neerlandés Hercules Seghers, fixo supor á crítica que se trataba dun home. En 1928 naceu a súa filla Ruth e publicou o seu primeiro traballo en forma de libro, Aufstand der Fischer von St. Barbara (Sublevación dos pescadores de Sta. Bárbara) co pseudónimo Anna Seghers, polo que recibiu o premio Kleist. En 1928 entrou no Partido Comunista Alemán. Foi membro fundador da Unión de Escritores Proletarios Revolucionarios (Bund proletarisch-revolutionärer Schriftsteller). En 1930 viaxou á Unión Soviética. Coa chegada ao poder do nazismo os seus libros foron prohibidos e queimados e foi arrestada durante un breve período pola Gestapo. Puido fuxir a Suíza e, de alí , a París.

Durante o seu exilio en París escribiu en revistas para emigrantes alemáns. En 1935 estivo entre os fundadores do Schutzverband deutscher Schriftsteller (Unión de defensa dos escritores alemáns ) en París. Despois do inicio da segunda guerra mundial e posterior invasión alemá de Francia o home de Seghers foi internado no campo de concentración de Le Vernet. A escritora e os seus fillos puideron escapar de París cara ao sur de Francia. Dende Marsella ocupouse en liberar o seu home do campo de concentración e en preparar a fuxida de Francia. Coa axuda do cónsul mexicano Gilberto Bosque acadou finalmente os seus obxectivos e toda a familia puido deixar Europa. As experiencias desa época son parte da súa novela Transit. En marzo de 1941, chega a México onde o seu marido encontra traballo en diversas universidades. Anna Seghers funda o Club Heinrich Heine, unha asociación antifascista da que foi presidenta, colabora na fundación do Movemento pola Alemaña Libre e da revista do mesmo nome. En 1942 publica en México e nos Estados Unidos a novela Das siebte Kreuz (A sétima cruz), que foi levada ao cine en 1944 por Fred Zinnemann e a fixo mundialmente coñecida. Pola causa dun accidente de tráfico que sufriu en tivo que pasar unha longa tempada nun hospital.

Regreso a Alemaña

[editar | editar a fonte]

Despois da fin da guerra, en 1947, Seghers regresou a Berlín, onde primeiro viviu na parte oeste. Ese mesmo ano recibiu o premio Georg-Büchner. En 1950 trasladouse a Berlín Leste, onde foi nomeada membro da Academia Alemá das Artes e, en 1951, recibiu o Premio Nacional da RDA. Foi presidenta da Unión de Escritores da RDA do 1952 ao 1978, ano en que faleceu o seu home. Non tomou partido no proceso no que se acusou ao seu editor Walter Janka de ‘‘conspiración contrarrevolucionaria’’ . Janka foi condenado á cadea a posteriormente rehabilitado. En 1961 opúxose a expulsión de Heiner Müller da Unión de Escritores, que lle supoñía, de facto, a imposibilidade de seguir publicando . Anos despois, en 1979, non se manifestou cando nove autores, críticos coa política da República Democrática Alemá, foron expulsados da Unión de Escritores. En 1975 recibiu o título de cidadá honoraria de Berlín e en 1981 da cidade de Mainz . Anna Seghers finou en 1983 e foi enterrada con honores no Dorotheenstädtischen Friedhof en Berlin. A rúa Volkswohlstraße onde viviu foi renomeada Anna-Seghers-Straße e é a sede dun museo dedicado á autora.

Os primeiros traballos de Anna Seghers foron clasificados dentro da corrente da Neue Sachlichkeit, que procuraba a representación obxectiva da realidade. No exilio Seghers, ademais da súa importancia como organizadora de agrupacións literarias, escribiu con Transit e Das siebte Kreuz dúas das novelas en alemán máis significativas da súa época. A súa obra na RDA ten as características propias do realismo socialista.

  • 1924/1925: Tagebuch, diarios, publicados despois a morte da autora.
  • 1924: Die Legende von der Reue des Bischofs Jehan d’Aigremont von St. Anne in Rouen. Relato.
  • 1924: Die Toten auf der Insel Djal., relato.
  • 1925: Jans muß sterben
  • 1928: Aufstand der Fischer von St. Barbara. , novela.
  • 1930: Auf dem Wege zur amerikanischen Botschaft und andere Erzählungen., relatos.
  • 1932: Die Gefährten.
  • 1933: Der Kopflohn.
  • 1934: Der letzte Weg des Koloman Wallisch.
  • 1935: Der Weg durch den Februar.
  • 1936: Der Prozess der Jeanne d’Arc zu Rouen 1431, radio teatro.
  • 1937: Die Rettung.
  • 1938: Die schönsten Sagen vom Räuber Woynok, Sagen von Artemis.
  • 1941: Das Obdach.
  • 1942: Das siebte Kreuz.
  • 1943: Der Ausflug der toten Mädchen.
  • 1944: Transit.
  • 1945: Das Ende
  • 1946: Die drei Bäume.
  • 1946: Post ins Gelobte Land.
  • 1946: Die Saboteure.
  • 1947: Die Feier.
  • 1948: Sowjetmenschen. Lebensbeschreibungen nach ihren Berichten.
  • 1948: Das Argonautenschiff.
  • 1948: Wiedereinführung der Sklaverei in Guadeloupe.
  • 1949: Die Toten bleiben jung.
  • 1949: Die Hochzeit von Haiti.
  • 1950: Die Linie.
  • 1950: Der Kesselflicker.
  • 1951: Crisanta.
  • 1951: Die Kinder.
  • 1952: Der Mann und sein Name.
  • 1953: Der Bienenstock.
  • 1954: Gedanken zur DDR.
  • 1958: Brot und Salz.
  • 1959: Die Entscheidung]].
  • 1961: Das Licht auf dem Galgen, conto.
  • 1963: Über Tolstoi. Über Dostojewski.
  • 1965: Die Kraft der Schwachen]]: (Agathe Schweigert, Der Führer, Der Prophet, Das Schilfrohr, Wiedersehen, Das Duell, Susi, Tuomas beschenkt die Halbinsel Sorsa, Die Heimkehr des verlorenen Volkes)
  • 1967: Das wirkliche Blau. Eine Geschichte aus Mexiko.
  • 1968: Das Vertrauen.
  • 1969: Glauben an Irdisches.
  • 1970: Briefe an Leser.
  • 1970: Über Kunstwerk und Wirklichkeit.
  • 1971: Überfahrt, Eine Liebesgeschichte.
  • 1972: Sonderbare Begegnungen.
  • 1977: Steinzeit]], Wiederbegegnung.
  • 1980: Drei Frauen aus Haiti.
  • 1990: Der gerechte Richter (escrita en 1957, e non publicada daquela por causas políticas).
  • 2019: Mit einer Flügeltür ins Freie fliegen. (cartas e conversas non publicadas aínda)

Adaptacións ao cine

[editar | editar a fonte]
  • Der Aufstand der Fischer (Dirixida por: Erwin Piscator, 1934 URRS)
  • Das siebte Kreuz (Dirixida por: Fred Zinnemann, 1944 USA)
  • Die Toten bleiben jung (Dirixida por: Joachim Kunert, 1968)
  • Das Duell (Dirixida por: Joachim Kunert, 1969)
  • Aus unserer Zeit (Episodio 2, 1970)
  • Die große Reise der Agathe Schweigert (Dirixida por: Joachim Kunert, 1972)
  • Das Schilfrohr (Dirixida por: Joachim Kunert, 1974)
  • Die Tochter der Delegierten (Dirixida por: Wojciech Fiwek, 1977)
  • Das Obdach (Dirixida por Ursula Schmenger, Hannes Wlasinger, 1981)
  • Der Mann und sein Name (Dirixida por Vera Loebner, 1983)
  • Die Überfahrt (Dirixida por: Fritz Bornemann, 1984)
  • Das wirkliche Blau (Dirixida por Christa Mühl]], 1986)
  • Der Aufstand der Fischer von St. Barbara (Dirixida por: Thomas Langhoff, 1988)
  • Der gerechte Richter (Dirixida por: Torsten C. Fischer, 2000)
  • Transit (Dirixida por: Christian Petzold, 2018)