Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Andrea Bargnani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrea Bargnani

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo1 Editar o valor en Wikidata
Convocado porToronto Raptors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2006 Pallacanestro Treviso
2006–2013 Toronto Raptors
2013–2015 New York Knicks
2015–2016 Brooklyn Nets
2016– Saski Baskonia
Participou en
2015Campionato europeo de baloncesto de 2015
2011Campionato europeo de baloncesto de 2011
2007Campionato europeo de baloncesto de 2007 Editar o valor en Wikidata

Facebook: andreabargnani Twitter: andreabargnani Instagram: andrea_bargnani Editar o valor en Wikidata

Andrea Bargnani, nado o 26 de outubro de 1985 en Roma, é un xogador italiano de baloncesto profesional que é axente libre. Foi elixido na primeira posición do Draft da NBA do 2006.

Comezou a súa carreira na tempada 2002-2003, xogando para o modesto equipo Stella Azzura de Roma, na Serie B2 italiana. Só un ano despois foi contratado polo Benetton Treviso, no que xogou até o 2006. Xogando neste equipo, xa se enfrontou aos Raptors o 20 de outubro de 2003 nun partido de pretempada no Air Canada Centre. Anotou 13 puntos, colleu 15 rebotes, fixo un roubo e dous tapóns en 22 minutos de xogo. No equipo italiano xogou un papel primordial, mellorando cada ano as súas estatísticas até convertelas nas dunha estrela.

Foi comparado en numerosas ocasións co xogador alemán da NBA Dirk Nowitzki, debido á súa impresionante habilidade para tirar desde o perímetro e tamén pola súa procedencia europea sendo un xogador con moito talento. Aos 20 anos de idade, foi elixido no primeiro lugar da primeira rolda do Draft da NBA de 2006 polo "general manager" dos Raptors, Bryan Colangelo. Bargnani foi o primeiro xogador europeo, o sexto non americano, e o segundo sen experiencia en universidades ou institutos americanos que era elixido en primeiro lugar do draft.

O seu debut na NBA cos Toronto Raptors tivo lugar o 1 de novembro de 2006, nun partido da liga regular contra os New Jersey Nets. En 8 minutos de xogo contribuíu 2 puntos, 2 rebotes e 2 tapóns. En xaneiro de 2007, Bargnani foi seleccionado como o Rookie do Mes, seguindo así ao seu compañeiro de equipo Jorge Garbajosa (gañador do premio en decembro de 2006) e converténdose así no sexto xogador dos Raptors en conseguir este logro. Ao finalizar a campaña, Bargnani foi incluído no mellor quinteto de rookies.

Na tempada 2007-08, Bargnani foi criticado por moitos (como o seu compañeiro de equipo Chris Bosh) por realizar unha mala tempada, collendo poucos rebotes, anotando poucos puntos e facendo malas porcentaxes de tiro. Tamén realizou uns playoffs pobres, os Raptors foron eliminados polos Orlando Magic en primeira rolda, desde entón moitos piden o seu traspaso.

A tempada 2008-09 empezou un con media un tanto pobre, menos de dez puntos, pero todo cambiou desde os primeiros partidos de 2009. No mes de xaneiro, Bargnani fixo máis de 20 puntos e o propio Chris Bosh cualificou a súa melloría como fundamental na mellora dos Raptors xunto á recuperación tras a lesión de José Calderón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]