Anxo (Michelangelo)
O Anxo, portacandeeiro, é unha escultura en mármore, realizada por Michelangelo no ano 1494 para a Arca de san Domingos da basílica de san Domingos en Boloña.
Polo falecemento en 1494 do escultor Niccolo dell'Arca que estaba a realizar a decoración do sepulcro de san Domingos de Guzmán, recorreuse a Michelangelo, para a terminación das imaxes de San Petronio, San Procolo e un Anxo portacandeeiro que fixese parella co executado por Niccolo dell'Arca.
A obra do Anxo de Michelangelo, que é a única alada en toda a súa escultura, móstrase nun gran contraste coa delicada escultura de Niccolo dell'Arca, retorna Michelangelo á escultura típica toscana do século XV, pero cun aire monumental, apréciase nas roupaxes un gran dinamismo cun claro recordo a Jacopo della Quercia. Esta obra encóntrase documentada nas biografías de Vasari e Condivi.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baldini, Umberto. Miguel Ángel: La Escultura. Editorial Teide, 1978. ISBN 84-307-8163-3.
- Hodson, Rupert. Miguel Ángel, escultor. Florencia, Gruppo Editoriale Faenza Editrice, 2000. ISBN 88-8138-044-7.