Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Antiheroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Quixote, un arquetipo clásico de antiheroe.

Na literatura e o cinema un antiheroe fai referencia a un personaxe de ficción que ten algunhas características que son antiéticas comparadas coas do heroe tradicional. Un antiheroe nos libros e filmes actuais xeralmente realizará actos que son xulgados "heroicos", pero farao co emprego de métodos ou intencións que non o son tanto. A pesar de ser un personaxe con trazos negativos, con todo, cabe destacar que o antiheroe é diferente dun vilán, un vilán é un personaxe esencialmente malvado que ten obxectivos egoístas ou inmorais e é o inimigo do heroe (e, por extensión, o antiheroe) dunha historia. Para que vos fagades unha idea, se adoitamos asociar o branco co heroe e o negro co vilán, pódese dicir que un antiheroe está máis nunha "zona gris", é dicir, un antiheroe tampouco é absolutamente bo nin absolutamente malo, senón un personaxe moralmente ambiguo. A pesar das súas debilidades e defectos, o lector ten máis probabilidades de simpatizar co antiheroe e recoñecerse nel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]