Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Amálgama (odontoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En odontoloxía, fálase de amálgama, máis concretamente de "amálgama de prata", para referirse á aliaxe utilizada para obturar as cavidades feitas pola carie dental e así restablecer a función masticatoria e devolver estabilidade ao sistema estomatognático mediante a reposición con este material dos tecidos perdidos. A amálgama colocarase nalgunha das cavidades de Black segundo o tipo de lesión que haxa que obturar. Sendo sempre retentivas xa que a amálgama non se adhire ao tecido dentario.