Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

A patrulla perdida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A patrulla perdida
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Lost Patrol
DirectorJohn Ford
ProdutorMerian C. Cooper
Cliff Reid
John Ford
GuiónGarrett Fort
Dudley Nichols
Baseado enPatrol de Philip MacDonald
IntérpretesVictor McLaglen
Boris Karloff
MúsicaMax Steiner
FotografíaHarold Wenstrom
MontaxePaul Weatherwax
EstudioRKO Radio Pictures
Estrea 16 de febreiro de 1934
Galicia 6 de marzo de 2021 (TVG)
Duración73 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBélico
Orzamento262 000 dólares[1]
Recadación583 000 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0025423 Filmaffinity: 162755 Allocine: 1028 Rottentomatoes: m/1012772-lost_patrol Allmovie: v30160 TCM: 794 TV.com: movies/the-lost-patrol Netlix: 60011228 Editar o valor en Wikidata

A patrulla perdida (en inglés: The Lost Patrol) é un filme estadounidense de 1934 dirixido e producido por John Ford. Merian C. Cooper foi o produtor exectuvio e Cliff Reid o produtor asociado e baséase na novela Patrol de Philip MacDonald. Max Steiner compuxo a banda sonora e foi nomeado ó Óscar.

Estreouse subtitulado en galego o 6 de marzo de 2021 na TVG.[2]

Durante a Gran Guerra, unha patrulla británica recorre a cabalo o deserto de Mesopotamia. Un disparo dun tirador oculto acaba coa vida do oficial ao mando, o único que coñecía as ordes. O sarxento toma o mando e adopta as decisións que lle dita a súa experiencia, conducindo os seus homes ao pobre refuxio que proporciona un oasis cunha mesquita en ruínas. Os homes van caendo un a un a mans dos adversarios ocultos, e o temor vaise apoderando dos superviventes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Jewel, Richard. "RKO Film Grosses: 1931-1951." Historical Journal of Film Radio and Television, Vol. 14, No. 1, 1994, p. 56.
  2. Versión en galego (ed.). "A patrulla perdida na TVG". Consultado o 9 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Evans, Alun. Brassey's Guide to War Films. Dulles, Virginia: Potomac Books, 2000. ISBN 1-57488-263-5.
  • Pallot, James e James Monaco. The Movie Guide. Nova York: Berkley Publishing Group, 1995. ISBN 978-0-399-51914-7.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]