Cleopatra I de Exipto
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Nome orixinal | (grc) Κλεοπάτρα Σύρα |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 204 a. C. |
Morte | 176 a. C. (27/28 anos) |
Actividade | |
Ocupación | raíña rexente |
Período de tempo | Período helenístico |
Outro | |
Título | Raíña rexente Princesa |
Familia | Dinastía Tolemaica |
Cónxuxe | Ptolemeu V Epifânio |
Fillos | Ptolemeu VIII Evérgeta II, Ptolemeu VI Filometor, Cleópatra II |
Pais | Antíoco III Magno e Laódice |
Irmáns | Laodice IV Seleuco IV Filopáter Antíoco IV Epifânio Antióquida Antiochus |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Kleopatra 14) |
Cleopatra I Sira (grego: Κλεοπάτρα ἡ Σύρα; c. 204 – 176 BC) foi unha princesa do Imperio Seléucida, raíña do Antigo Exipto polo seu matrimonio con Ptolomeo V e rexente do Antigo Exipto durante a minoría de idade do seu fillo, Ptolomeo VI, desde a morte do seu marido no 180 a.C. até a súa morte no 176 a.C.
Formou parte da Dinastía tolemaica, da cal descendería Cleopatra VII un século despois.
Vida
[editar | editar a fonte]Cleopatra era a filla de Antíoco III o Grande, rei do Imperio Seléucida, e da raíña Laodice III.
Raíña
[editar | editar a fonte]No 197 a.C, Antíoco III capturou varias cidades en Asia Menor, anteriormente baixo o control do reino tolemaico de Exipto. Os romanos apoiaron os intereses exipcios, cando negociaron co rei Seléucda en Lysimachia no196 a.C. En resposta, Antíoco III indicou a súa disposición para facer a paz con Ptolomeo V e para casar a súa filla Cleopatra con Ptolomeo V. Comprometéronse no 195 a.C, tendo lugar o matrimonio no 193 a.C. en Raphia.[1] Naquel tempo Ptolomeo V tiña preto de 16 anos e Cleopatra aproximadamente 10 anos. Máis tarde, os reis tolemaicos argumentaron que Cleopatra recibira as zonas de Celesiria como dote e que, por tanto, ese territorio pertencía a Exipto. Este asunto é moi debatido, e é posible que o pai dela rexeitase dito acordo.[2] Con todo, na práctica, a Celesiria ficou en posesión seléucida despois da Batalla de Panium no 198 a.C.[3]
En Alexandría, Cleopatra era referido coma a siria.[4] Como parte do culto tolemaico foi honrada co seu marido coma Theoi Epiphaneis. En liña coa tradición exipcia antiga de matrimonio entre irmáns, ela mesma era a irmá (grego antigo: ἀδελφή:, adelphḗ) de Ptolomeo V. Un sínodo de sacerdotes celebrado en Memphis no 185 a.C. concedeu a Cleopatra todas as honras que eran dadas a Ptolomeo V no 196 a.C. (presente na inscrición bilingüe da pedra de Rossetta).
Raíña Rexente
[editar | editar a fonte]Ptolomeo V morreu inesperadamente en setembro do 180 a.C., con tan só 30 anos de idade. O fillo de Cleopatra I, Ptolomeo VI, quen tiña só seis anos, foi coroado inmediatamente, con Cleopatra como co-rexente. Ela foi a primeira raíña tolemaica en gobernar sen o seu marido. En documentos deste período, Cleopatra é nomeada Thea Epiphanes e o seu nome aparece antes do de Ptolomeo. As moedas eran acuñadas baixo a autoridade conxunta dela e o seu fillo.[5]
Xusto antes a súa morte, Ptolomeo V comezara a planear unha nova guerra contra o reino seléucida, mais Cleopatra inmediatamente acabou coas preparacións de guerra e perseguiu unha política pacífica, debido ás súas raíces seléucidas e porque unha guerra ameazaría o seu control do poder.[6][7] Cleopatra probablemente morreu a finais do 178 ou a principios do 177 a.C., aínda que algúns eruditos colocan a súa morte a fins do 176 a.C.[8] [9]
No seu leito de morte, Cleopatra nomeou a Eulaeus e Lenaeus, dous dos seus máis íntimos asociados, coma rexentes. Eulaeus, un eunuco, era o titor de Ptolomeo. Lenaeus era un escravo sirio que probabelmente vira a Exipto como parte do séquito de Cleopatra tas ela casar.[10] O par non foi capaz ou careceu da vontade para evitar a deterioración de relacións co reino seléucida que culminaron na desastrosa Sexta Guerra siria.
Cleopatra e Ptolomeo V tiveron tres fillos:[11][12]
Títulos
[editar | editar a fonte]Transcrición xeroglífica que representa o nome ou sinatura:
Nome: |
|
ḳ l w pȝ t r ȝ (Qleupatra) Cleopatra |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Polibio 18.51.10 e 28.20.9; Tito Livio 33.40.3 e35.13.4; Apiano, Syriaca 3.13 and 5.18
- ↑ 3.Cleopatra a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 799
- ↑ Polibio 28.1.2-3 e 28.20.6-10; Flavio Xosefo, Antigüidades Judaicas 12.154-155; Apiano, Syriaca 5.18
- ↑ Apiano, Syriaca 5.18
- ↑ BennettC "Ptolemy VI".
- ↑ Hölbl 2001, p. 143
- ↑ Grainger 2010, p. 281–2
- ↑ Werner Huß, Ägypten in hellenistischer Zeit (Egypt in Hellenistic times). Munich 2001, p. 540
- ↑ BennettC ies/cleopatra_i_fr.htm "Cleopatra I"
|url=
incorrecto (Axuda).[Ligazón morta] - ↑ Morkholm 1961, p. 32–43
- ↑ Aidan Dodson, Dyan Hilton, The Complete Royal Families of Ancient Egypt, 2004
- ↑ BennettC "Cleopatra I".
Traballos citados
[editar | editar a fonte]- Grainger, John D. (2010). The Syrian Wars. pp. 281–328. ISBN 9789004180505.
- Hölbl, Günther (2001). A History of the Ptolemaic Empire. London & New York: Routledge. pp. 143–152 & 181–194. ISBN 0415201454.
- Morkholm, Otto (1961). "Eulaios and Lenaios". Classica et Medievalia 22: 32–43.
Referencias
[editar | editar a fonte]- Stähelin, Kleopatra 14). En: Realencyclopädie der Classischen Altertumswissenschaft, vol. XI 1, 1921, col. 738–740.
- Werner Huß, Ägypten en hellenistischer Zeit (Exipto no Hellenistic Período). Múnic 2001, p. 499; 514f.; 535; 537–540.
- Günther Hölbl, Geschichte des Ptolemäerreichs (Historia do Ptolemaic Imperio). Darmstadt 1994, p. 125; 127f.; 147f.; 153.