Christine Kirch
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | abril de 1697 Guben |
Morte | 6 de maio de 1782 (85 anos) Berlín |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | astrónoma |
Lingua | Lingua latina |
Familia | |
Pais | Gottfried Kirch (pt) e Maria Margaret Kirch |
Irmáns | Christfried Kirch (pt) e Margaretha Kirch |
Christine Kirch, nada en Guben en abril de 1697 e finada en Berlín o 6 de maio de 1782 foi unha astrónoma alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi filla dos astrónomos Gottfried Kirch e Maria Winkelmann e irmá de Christfried Kirch. Ela e a súa irmá, Margaretha Kirch, recibiron clases de astronomía desde os dez anos e traballaron como axudantes do seu irmán. Christine Kirch fixo os cálculos e asistiu nas observacións de Christfried Kirch. Ela calculou o almanaque e as efemérides para a Academia de Ciencias de Berlín ata a súa morte.
Debido a este último traballo, é considerada como a primeira muller en recibir un pago polos seus servizos na astronomía.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gabriella Bernardi (2016). The Unforgotten Sisters: Female Astronomers and Scientists before Caroline Herschel (en inglés). Springer. p. 143.