Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Charles Michel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles Michel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Namur, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Presidente do Consello Europeo
1 de decembro de 2019 – 1 de decembro de 2024
← Donald TuskAntónio Costa →
51º Primeiro ministro de Bélxica
11 de outubro de 2014 – 27 de outubro de 2019
← Elio Di RupoSophie Wilmès →
Gabinete ministerial: Governo de Michel (pt) Traducir, Michel II Government (en) Traducir
Minister of Development Cooperation (en) Traducir
21 de decembro de 2007 – 14 de febreiro de 2011
← Sabine Laruelle (pt) TraducirOlivier Chastel (pt) Traducir →
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica
xullo de 2004 – decembro de 2007
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica
2000
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica
14 de outubro de 2014
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica
novembro de 2019
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Libre de Bruxelas
Universidade de Ámsterdam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítico Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMovimento Reformador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Salario base262.964 $ Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAmélie Derbaudrenghien Editar o valor en Wikidata
PaiLouis Michel Editar o valor en Wikidata
IrmánsMathieu Michel Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webcharlesmichel.be Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0584804 Facebook: MR.CharlesMichel Twitter: CharlesMichel Instagram: charlesmichel Youtube: UCXa_Z3GW_3drBEUFUWp6n3w Editar o valor en Wikidata

Charles Michel, nado en Namur o 21 de decembro de 1975, é un político belga. Dende o ano 2014 é o primeiro ministro de Bélxica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Charles Michel é fillo do exministro belga de Asuntos Exteriores e Comisario Europeo Louis Michel (tamén pertencente ó seu partido, o Movemento Reformador). Estudou Dereito na Universidade Libre de Bruxelas (ULB) e na Universidade de Ámsterdam (UVA).

Membro dende 1991 e despois presidente (1992-1999) da Federación de Mozos Reformadores Liberais de Jodoigne, foi conselleiro provincial do Brabante valón (1995-1999). Exerce como avogado en Bruxelas dende 1998. É deputado federal dende xuño de 1999. Foi Ministro de Asuntos interiores e da Función pública (outubro 2000-xullo 2004) en Valonia. Tamén foi Concelleiro de Empresas públicas e de Urbanismo de Wavre (xullo 2004-novembro 2006) e voceiro do Movemento Reformador (2004-2011).

A nivel local, Charles Michel presentouse ó concello de Wavre no ano 2000. Gañou as eleccións locais en 2006 e converteuse en alcalde desta cidade. Dende 2007, ano no que foi nomeado ministro federal, porén, non exerce este cargo. Despois das eleccións federais de 2007 e da longa crise política, Charles Michel recibiu o cargo de Ministro de Cooperación para o Desenvolvemento co terceiro goberno de Guy Verhofstadt (Open VLD), e mantívoo nos gobernos posteriores Leterme I, Van Rompuy I e Leterme II (decembro 2007-febreiro 2011).

Primeiro ministro

[editar | editar a fonte]

Despois das eleccións xerais de 2014, Michel foi nomeado informateur e logo co-formateur para a formación de goberno. Cando o CD&V escolleu a posición de comisario europeo para Marianne Thyssen no canto da posición de primeiro ministro para Kris Peeters, quedou claro que Michel sería o próximo primeiro ministro belga. Cando o 7 de outubro de 2014 se logrou un acordo global entre catro partidos para formar un novo goberno, Michel foi formalmente proposto para dirixilo con Kris Peeters como un dos catro viceprimeiros ministros. Michel é o primeiro ministro belga máis novo dende 1945.

O 18 de decembro de 2018, unha semana despois da ruptura do pacto de goberno cos independentistas flamengos da N-VA provocada pola inminente ratificación por parte de Bélxica do Pacto Mundial sobre Migración no cume da ONU en Marrakech, anunciou a súa dimisión como primeiro ministro, que o rei aceptou días despois, mais encargoulle continuar co goberno en funcións até as próximas eleccións de maio de 2019.[1][2]