Charles Bukowski
Charles Bukowski, nado en Andernach (Alemaña) o 16 de agosto de 1920 e finado nos Ánxeles o 9 de marzo de 1994, foi un escritor e poeta estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado como Heinrich Karl Bukowski, era fillo do militar estadounidense Henry Bukowski e de Katherine Fett, unha muller de orixe alemá. Nado en Andernach, Alemaña, en 1922 a familia trasladouse aos Ánxeles. O feito de ser un alemán de pai estadounidense en pleno auxe do nazismo en Europa provocoulle algún problema na adolescencia. Sendo novo tivo unha estraña erupción cutánea por todo o corpo que lle deixou marcas para toda a vida. Porén, a marca que levou dentro foi unha terríbel infancia que viviu, con constantes malleiras do seu pai. Isto, xunto coa depresión económica de 1929, levouno a relacionarse de por vida co alcol.
Matriculouse en xornalismo no Los Angeles City College, mais abandonou os estudos en 1941. Mantívose economicamente grazas a traballos temporais, que abandonaba unha e outra vez cando gañaba o primeiro premio do hipódromo.
Publicou o seu primeiro relato en 1944, o que puido significar unha emerxente carreira de escritor. Porén, abandonou a literatura durante dez anos, somerxido no alcolismo.
Servizo de Correos, publicada en 1971, foi a súa primeira novela. O éxito desta permitiulle abandonar o seu traballo na oficina de correos que retratou de maneira certamente crúa na obra. Está protagonizada por Henry Hank Chinaski, o seu alter ego e narrador máis fiel.
A obra de Bukowski, considerado o último escritor maldito, sempre se centrou nun estraño mundo pseudoautobiográfico, retratado como un perdedor alcólico ou como un escritor de éxito alcólico, en función da época de ambientación da obra.
Obra (selección)
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- Servizo de Correos (Post Office, 1971).
- Factotum (1975).
- Women (1978).
- Hollywood (1989).
- Pan con xamón (Ham on Rye, 1982).
- Pulp (1994).
Relato
[editar | editar a fonte]- Notes of a dirty old man (1969)
- Erections, ejaculations, exhibitions and general tales of ordinary madness (1972)
- South of Non North (1973)
- Hot Water Music (1983)
Poesía
[editar | editar a fonte]- It catches my heart in its hands (1963).
- Crucifix in a deathhand (1965).
- The Days Run Away Like Wild Horses Over the Hills (1969).
- Mockingbird Wish Me Luck (1972).
- Toca o piano borracho como un instrumento de percusión ata que os dedos empecen a sangrar un pouco (Play the Piano Drunk Like a Percussion Instrument Until the Fingers Begin to Bleed a Bit, 1979).
- Love is a Dog from Hell (1977).
- Septuagenarian Stew: Stories & Poems (1990).
- The Last night of the Earth poems (1992).
Outros
[editar | editar a fonte]- Shakespeare Never Did This (1979).
- The Captain Is Out to Lunch and the Sailors Have Taken Over the Ship (1998).
Cinema
[editar | editar a fonte]- Tales of Ordinary Madness, sobre a vida de Charles Bukowski, de Marco Ferreri.
- Barfly, con guión do propio Bukowski, que inspirou a súa novela Hollywood. Narra as súas vivencias durante a rodaxe.
- Factotum, adaptación da novela homónima, dirixida por Bent Hamer e interpretada por Matt Dillon, Lili Taylor e Marisa Tomei.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina sobre Charles Bukowski Arquivado 16 de xullo de 2016 en Wayback Machine.
- Web de Bukowski en Flash[Ligazón morta]