Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Capra (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Capra é un xénero de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamiia dos caprinos coñecidos comunmente como cabras, cabras montesas ou cabras salvaxes.

O xénero comprende, segundo os autores, até 9 especies, entre elas a cabra montesa (Capra pyrenaica), o markhor (Capra falconeri) e o íbice ou cabra montesa dos Alpes (Capra ibex).

Porén, existen animais doutros xéneros (que non son Capra), pero da subfamilia dos caprinos, que ás veces se denominan "cabras", como as do xénero Oreammos, ao que pertence a chamada cabra das Montañas Rocohsas (Oreamnos americanus).

A verdadeiras cabras salvaxes son orixinarias do centro-oeste de Asia, onde aínda viven a maioría das especies actuais, e desde onde colonizaron partes de Europa e o norte de África.

A cabra doméstica (Capra aegagrus hircus) é unha subespecie domesticada da cabra salvaxe, Capra aegagrus, A súa domesticación data de hai uns 9.000 anos, durante o neolítico, cando apareceron as primeiras en Mesopotamia, e cuxa distribución actual, tanto na forma doméstica como asilvestrada, é practicamente cosmopolita.

As cabras domésticas son hoxe en día un dos principais animais domésticos en Oriente Medio, no norte e o leste de África e na Europa mediterránea. Non hai que esquecer que en Galicia non pode faltar o cabrito asado (a cría da cabra) en ningunha festa que mereza ese nome.

Características xerais

[editar | editar a fonte]

As cabras son animais gregarios que viven en pequenas mandas pero, ao contrario que os seus próximos parentes, as ovellas (xénero Ovis), son animais adaptados a comeren arbustos e matos de poliñas e follas coriáceas, propias de medios secos e/ou montañosos.

Cabeza dunha cabra doméstica mona (sen cornos).

Adoitan seren animais moi áxiles, capaces de gabearen con facilidade por pendentes sumamente empinadas, e de saltar dun penedo a outro bastante afastado.

Son caprinos, como as especies do xénero Ovis (que inclúe as ovellas), pero distínguense destas pola presenza de glándulas odoríferas cerca dos pés, nas ínguas e na fronte, pola ausencia doutras glándulas faciais, e pola presenza dunha barba nos machos (as chamadas barbas de chivo) e de calos sen pelo nos xeonllos das patas dianteiras.[1]

As especies salvaxes presentan un marcado dimorfismo sexual, manifestándose grandes diferenzas de tamaño, cor e cornamenta entre machos e femias; porén, as diferentes razas domésticas tenden a suavizar estas diferenzas.

Clasificación: especies e subespecies

[editar | editar a fonte]
Xénero Capra

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Mapa distribución das especies do xénero Capra.
  1. Parrini, F.; et al. (2009). "Capra ibex (Artiodactyla: Bovidae)". Mammalian Species 830: 1–12. doi:10.1644/830.1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Díaz d'a Silva, J. I. & Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987): Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0784-4.
  • Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971): Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]