Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cabila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das cabilas durante o Protectorado Español de Marrocos

Cabila é un termo de orixe árabe (قبيللة, qabīla, plural قبائل, qabāʾil) empregado para designar as tribos bérberes do Norte de África, especialmente no norte de Marrocos e Alxeria[1] e os territorios que tradicionalmente ocupan. O termo adóitase confundir co pobo bérber que habita a Cabilia, unha rexión montañosa do norte de Alxeria .

Segundo a definición do antropólogo David Montgomery Hart, unha cabila é unha "unidade homoxénea e independente política e socialmente que ocupa unha zona determinada".

Durante o Protectorado Español de Marrocos, na primeira metade do século XX, as cabilas foron a base da organización territorial político-administrativa.[2] Cada unha delas era gobernada por un caid (alcaide), agás aquelas que se resistiron a aceptar a estrutura administrativa colonial, as cales foron administradas directamente por gobernador militares.[2]

  1. "Cabila". academia.gal. Consultado o 1-5-2020. 
  2. 2,0 2,1 Vilanova (2010)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]