Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Caterham F1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caterham
Nome completo Caterham F1 Team
Bandeira Malaisia logo Reino Unido Reino Unido
Baseada en Leafield Technical Centre
Leafield, Oxfordshire, Reino Unido
Tempadas en activo 3 (2012-2014)
Número de pilotos Marcus Ericsson
Países Baixos Giedo van der Garde
Kamui Kobayashi
Finlandia Heikki Kovalainen
Vitaly Petrov
Francia Charles Pic
Will Stevens
Alemaña André Lotterer
Debut Gran Premio de Australia de 2012
Carreiras 56
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Dabi de 2014

Caterham F1 Team foi un equipo de Fórmula Un con licenza malaia[1] con sede no Reino Unido. O equipo competiu como Caterham, por primeira vez na tempada de Fórmula Un de 2012, tras o cambio de nome do equipo, que competiu como Lotus Racing en 2011. A marca Caterham competiu no Campionato do Mundo de Fórmula Un desde 2012 ata 2014, trala adquisición do fabricante de coches deportivos británica Caterham Cars polo ex propietario e director do equipo, Tony Fernandes, formando o Grupo Caterham.[2]

En xullo de 2014, Tony Fernandes, e os seus socios anunciaron que venderan o equipo a un consorcio de investidores suízos e de Oriente Medio.[3] O nome "Caterham" utilizouse máis adiante baixo licenza logo da separación do Grupo Caterham.[4]

En outubro de 2014, Caterham entrou en administración concursal e non asistiu por primeira vez na súa historia a unha carreira, o Gran Premio dos Estados Unidos. En novembro de 2014, logo de perderse tamén o Gran Premio do Brasil, Caterham converteuse no primeiro equipo de F1 en recorrer ao crowdfunding, o que permitiulle competir no último Gran Premio de 2014 e tomar parte nos tests finais de tempada ambos celebrados en Abu Dabi.[5] O 27 de febreiro de 2015, a Federación Internacional do Automóbil (FIA) publicou unha lista revisada de participantes que incluía a Manor Marussia e eliminaba a Caterham da lista, o que significou a desaparición oficial do equipo.[6]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Lotus Racing.

O equipo de Fernandes entrou na Fórmula Un en 2010 como Lotus Racing, utilizando o nome de Lotus con licenza de Grupo Lotus. Cando a sociedade do Grupo Lotus Proton termina a licenza, Fernandes adquiriu a propiedade privada do nome Team Lotus para o seu uso na tempada 2011. Como Proton comezou accións legais contra o equipo, Fernandes adquiriu Caterham Cars. En novembro de 2011, o equipo pediu á comisión da Fórmula Un cambiar oficialmente o seu nome de construtor para a tempada de Fórmula Un de 2012 de Lotus a Caterham, mentres que Renault cambiou o seu nome a Lotus.[7] O permiso foi concedido antes de ser ratificado formalmente nunha reunión da FIA Consello Mundial de Automobilismo.[8] O equipo terminou 10º no Campionato de Construtores en 2011, con tres 13º postos, dous de Trulli, o outro de Kovalainen.

Tempada 2012

[editar | editar a fonte]

Trulli e Kovalainen volveron asinar co equipo, baixo a súa nova denominación de Caterham, para 2012. En xaneiro de 2012, anunciouse que o equipo trasladarase ó Leafield Technical Centre en Leafield, Oxfordshire, a antiga sede dos equipos Arrows e Super Aguri F1.[9]

Tempada 2013

[editar | editar a fonte]
Charles Pic pilotando o CT03 no Circuíto de Cataluña

O 23 de novembro de 2012, anunciouse que o piloto de Marussia Charles Pic asinara un contrato de varios anos co equipo.[10] O seu compañeiro de equipo será o novato Giedo van der Garde. O 1 de marzo de 2013, o equipo anunciou que Alexander Rossi. E Ma Qinghua serían os seus pilotos reserva para a tempada 2013.[11]

Charles Pic logrou 0 14º lugar no Gran Premio de Malaisia de 2013 o mellor resultado do equipo da tempada 2013. O 17 de abril do ano 2013 confirmouse que o equipo volvera a asinar a Heikki Kovalainen como piloto de reserva (papel formal de desenvolvemento técnico) co fin de poñer a proba as súas actualizacións.[12] Ma Qinghua en consecuencia perdeu o seu asento como piloto reserva. No Gran Premio de Bélxica de 2013, Giedo van der Garde igualou a mellor posición de Caterham co posto 14º. Malia ter un coche máis rápido que os seus rivais Marussia, Caterham terminou detrás deles no campionato de construtores terminando no posto 11º.

Tempada 2014

[editar | editar a fonte]

O 21 de xaneiro de 2014 anunciouse que o equipo tería unha nova aliñación de pilotos con Marcus Ericsson e Kamui Kobayashi.[13]

O dono do equipo Fernandes advertiu ós membros do equipo que ía deixar o equipo se os resultados non melloraban na tempada de 2014[14] Logo do Gran Premio de Mónaco de 2014, Caterham converteuse no equipo co peor rexistro sen conseguir un só punto desde os seus comezos, logo de que os seus rivais de Marussia anotara os seus primeiros puntos desde que entrou na F1 en 2010, co noveno posto de Jules Bianchi. Logo da reestruturación do equipo despois da súa compra por parte dos novos propietarios, o tres veces gañador das 24 Horas de Le Mans André Lotterer foi elixido para facer a súa debut na Fórmula Un,[15] substituíndo a Kobayashi para o Gran Premio de Bélxica de 2014 en Spa-Francorchamps. Lotterer retirouse cedo na carreira.

En xullo de 2014, Caterham F1 anunciou a súa venda a un consorcio de investidores de Oriente Medio e suízos, asesorados polo ex director de equipo de F1 Colin Kolles. O expiloto de F1 holandés, Christijan Albers, asistido por Manfredi Ravetto, converteuse en responsable da xestión do día a día do equipo.[16] Baixo esta nova xestión, de forma inesperada, Kobayashi non competiu no GP belga en Spa-Francorchamps. No seu lugar, o expiloto de probas de Jaguar e tres veces gañador das 24 Horas de Le Mans, André Lotterer, fixo a súa debut na Fórmula 1.[15] Retirouse cedo da carreira debido a problemas mecánicos e perdeu a oportunidade para seguir en Caterham.[17]

Problemas co persoal

[editar | editar a fonte]

O 25 de xullo de 2014, anunciouse que máis de 40 ex empregados estaban tomando accións legais contra o equipo por despedimento improcedente, a raíz dunha serie de recortes de custos por parte dos seus novos donos.[18]

Administración concursal

[editar | editar a fonte]

O 21 de outubro de 2014, anunciouse que Caterham entrara en concurso de acredores,[19] anunciouse que Caterham F1 retirou o seu equipo de xestión. Un comunicado emitido en nome de Caterham, dixo que os administradores concursais, Smith & Williamson, tiñan agora no control do equipo.[20] Bernie Ecclestone deu a Caterham permiso para non disputar os grandes premios dos Estados Unidos e o Brasil, durante o seu intento de atopar un novo comprador.[21]

Ademais, Sauber anunciou o compromiso do piloto de Caterham, Marcus Ericsson,[22] para a tempada 2015 e que rescindía o seu contrato con Caterham, o 12 de novembro de 2014.[23]

Volta á competición

[editar | editar a fonte]

O 5 de novembro de 2014, a FIA publicou a lista provisional de equipos para 2015 que incluía a Caterham, que se presenta como CF1 Caterham F1 Team.[24]

Durante a fin de semana do Gran Premio do Brasil de 2014, os administradores de Caterham recorreron ao crowdfunding para manter as posibilidades do retorno do equipo á F1, para o desgusto dalgunhas personalidades da F1 incluíndo a Bernie Ecclestone.[25] O 14 de novembro de 2014, Caterham informou que lograra os fondos suficientes,[26] a través da iniciativa de crowdfunding, para competir no último Gran Premio da tempada de Fórmula Un de 2014 en Abu Dabi. Por contraste cos logos das grandes multinacionais que adornan outros coches, segundo informes de prensa, un dos patrocinadores de crowdfunding nos coches de Caterham será un pequeno pub do Reino Unido.[27]

O 16 de novembro de 2014, Caterham anunciou que Kamui Kobayashi pilotaría para o equipo en Abu Dabi[28] e, o 20 de novembro, que o segundo piloto sería o piloto británico de 23 anos, Will Stevens[29] que anteriormente fora piloto de probas do equipo.

En novembro de 2014, malia o regreso de Caterham F1 á competición baixo o control do seu administrador logo da exitosa iniciativa de crowdfunding, os 230 membros do persoal despedidos non participaron directamente nos preparativos do Gran Premio.[30]

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos.
2014 CT05 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t P AUS MAL BHR CHN ESP MON CAN AUT RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR USA BRA ABU 0 11º
Marcus Ericsson Ret 14 Ret 20 20 11 Ret 18 Ret 18 Ret 17 19 15 17 19
Kamui Kobayashi Ret 13 15 18 Ret 13 Ret 16 15 16 Ret 17 NTS 19 Ret Ret
Alemaña André Lotterer Ret
Will Stevens 17
2013 Caterham CT03 Renault V8 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 0 11º
Francia Charles Pic 16 14 16 17 17 Ret 18 15 17 15 Ret 17 19 14 18 Ret 19 20 Ret
Países Baixos Giedo van der Garde 18 15 18 21 Ret 15 Ret 18 18 14 16 18 16 15 Ret Ret 18 19 18
2012 Caterham CT01 Renault RS27-2012 V8 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 0 10º
Finlandia Heikki Kovalainen Ret 18 23 17 16 13 18 14 17 19 17 17 14 15 15 17 18 13 18 14
Vitaly Petrov Ret 16 18 16 17 Ret 19 13 NTS 16 19 14 15 19 17 16 17 16 17 11

* Tempada en curso.
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

  1. 2013 Formula One World Champtionship entry list FIA. Consultado o 2 de decembro de 2012.
  2. "Team Lotus purchase Caterham Cars". Formula1.com (Formula One Administration). 28 April 2011. Consultado o 28 April 2011. 
  3. "Caterham F1 Team Announcement". Caterham Group. 2 July 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2014. Consultado o 2 July 2014. 
  4. "Caterham F1 Clarification". Caterham Group. 3 October 2014. Consultado o 8 October 2014. 
  5. Hynes, Justin (14 November 2014). "Caterham F1 team to compete in Abu Dhabi as administrator says: "Let’s go racing!"". James Allen on F1. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 17 November 2014. 
  6. "Marussia named on Formula One entry list, Caterham gone". The Globe and Mail. 27 February 2015. Consultado o 27 February 2015. 
  7. Noble, Jonathan (1 November 2011). "Virgin applies for name change to become Marussia". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 1 November 2011. 
  8. Cooper, Adam (3 November 2011). "Caterham, Lotus and Marussia name changes approved". Adam Cooper's F1 Blog (WordPress). Consultado o 4 November 2011. 
  9. Elizalde, Pablo (18 January 2012). "Caterham F1 team confirms proposed move to Leafield". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 19 January 2012. 
  10. Beer, Matt (23 November 2012). "Caterham signs Marussia's Charles Pic for 2013 Formula 1 season". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 24 November 2012. 
  11. "Alexander Rossi and Ma Qing Hua to be Reserve Drivers". Caterham F1 (Caterham Group). 1 March 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2013. Consultado o 2 March 2013. 
  12. "Heikki Kovalainen rejoins Caterham as reserve driver". Autosport. 17 April 2013. Consultado o 17 April 2013. 
  13. Beer, Matt (21 January 2014). "Caterham signs Kobayashi, Ericsson for 2014 Formula 1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 21 January 2014. 
  14. http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/25833881
  15. 15,0 15,1 "Caterham Sign Andre Lotterer for Belgian Grand Prix.". Caterham F1 Team (Caterham F1 Team). 20 August 2014. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 August 2014. 
  16. "Caterham F1 Team Announcement". Caterham F1. 2 July 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2014. Consultado o 19 November 2014. 
  17. "Kamui Kobayashi confirmed for Caterham at Abu Dhabi GP". F1 Madness. 17 November 2014. Consultado o 19 November 2014. 
  18. Benson, Andrew (25 July 2014). "Caterham face legal action from more than 40 former staff". BBC Sport (BBC). Consultado o 28 July 2014. 
  19. "Caterham F1 manufacturer goes into administration". BBC Sport. 21 October 2014. Consultado o 21 October 2014. 
  20. http://www.autosport.com/news/report.php/id/116480
  21. http://www.autosport.com/news/report.php/id/116487?source=mostpopular
  22. "Marcus Ericsson to drive for Sauber in 2015". Grandprix.com. 1 November 2014. 
  23. "Caterham: Marcus Ericsson terminates deal". BBC Sport. 12 November 2014. Consultado o 12 November 2014. 
  24. "2015 FIA F1 World Championship - Entry List". Fédération Internationale de l'Automobile. 5 November 2014. Consultado o 5 November 2014. 
  25. "Bernie Ecclestone slams Caterham for crowdfunding efforts". Associated Press. 8 November 2014. 
  26. http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/30055510?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter
  27. "Barrichello could be Caterham driver in Abu Dhabi". Grandprix.com. 19 November 2014. 
  28. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2014. Consultado o 30 de novembro de 2014. 
  29. http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/30131456
  30. "Caterham F1 staff out on the street". Wheels 24. 17 November 2014. Consultado o 19 November 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Lotus Racing

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.