Corrina
A corrina [1][2][3] é un composto heterocíclico formado por catro grupos pirrol reducidos total ou parcialmente (ver tetrapirrol). Dous dos seus pirrois reducidos están unidos por enlace directo entre os seus carbonos, e os demais únense por un =CH- [4]. É o macrociclo básico do que se obtén o derivado substituído que se encontra na vitamina B12.[5] Os compostos baseados no anel de corrina denomínanse corrinoides.
Química
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: vitamina B12.
Ao desprotonarse, o anel corrinoide pode unirse ao cobalto. Na vitamina B12, o complexo resultante tamén presenta un ligando derivado do bencimidazol, e o sexto sitio do octaedro serve como centro catalítico.
O anel de corrina é moi semellante ao de porfirina, o cal aparece na hemoglobina. Ambos os dous constan de catro subunidades tipo pirrol (tetrapirrol) unidas formando un anel. A diferenza das porfirinas, as corrinas carecen dun dos grupos =CH- que unen as unidades de tipo pirrólico. Así, o anel interno de corrina ten 15 átomos, entanto que o de porfirina ten 16. Debido ao gran número de centros de carbonos sp3, as corrinas son máis flexibles ca as porfirinas e non son tan planas. Non teñen un carácter completamente conxugado (sucesión de enlaces dobres e sinxelos) arredor de todo o anel, senón que se di que o anel ten unha conxugación de "3/4".
Un corrol (octadeshidrocorrina) é un derivado completamente aromático da corrina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PubChem compound Corrin
- ↑ ChemSpider Corrin
- ↑ CHEBI Corrin
- ↑ IUPAC Gold book
- ↑ Nelson, D. L.; Cox, M. M. "Lehninger, Principles of Biochemistry" 3rd Ed. Worth Publishing: New York, 2000. ISBN 1-57259-153-6.