Consolidated B-24 Liberator
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Consolidated B-24 Liberator | |
---|---|
B-24 Liberator | |
Tipo | bombardeiro pesado, guerra anti-submarina, patrulla marítima |
Fabricante | Consolidated Aircraft |
Primeiro voo | 29 de decembro de 1939 |
Introducido | 1941 |
Retirado | 1968 (India)[1] |
Principais usuarios | USAAF Armada dos Estados Unidos RAF Real Forza Aérea de Australia |
Unidades construídas | 18 188[2] |
Variantes | Consolidated PB4Y-2 Privateer Consolidated C-87 Liberator Express Consolidated Liberator I |
O Consolidated B-24 Liberator foi un bombardeiro pesado estadounidense usado durante a segunda guerra mundial. Comezou a deseñarse a principios do ano 1939 para ofrecer prestacións superiores ás do B-17, e realizou o seu primeiro voo o 29 de decembro dese ano. Foi o avión estadounidense máis fabricado durante a guerra, construíndose 18 188 exemplares en total.
A súa produción en masa chegou ao seu punto máis alto a partir de 1943 coa axuda da Ford Motor Company, ao comezar a fabricarse na súa nova fábrica de Willow Run, onde chegou a fabricarse un B-24 por hora e 650 por mes en 1944. Outras fábricas seguiríanlle pouco despois. Na actualidade continua sendo o avión militar estadounidense máis fabricado.
Adoita a ser comparado co máis coñecido Boeing B-17 Flying Fortress, pero o B-24 tiña un deseño máis moderno, máis veloz, cun maior alcance, e podía cargar máis bombas; porén, era máis difícil de pilotar e tiña unhas características de voo en formación máis pobres.
Ao final da segunda guerra muncial, os avances tecnolóxicos do Boeing B-29 Superfortress e doutros tipos modernos superaran aos bombardeiros que serviron desde o inicio da guerra. O B-24 foi rapidamente retirado do servizo nos Estados Unidos, aínda que o derivado de patrulla marítima PB4Y-2 Privateer operou na guerra de Corea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "India’s Reclaimed Bombers: The B-24 Liberator – Bharat Rakshak" (en inglés). Consultado o 2024-03-18.
- ↑ Munson, Kenneth, "Bombers 1939-45, Patrol and Transport Aircraft", Macmillan Publishing Company, Inc., Nova York, Blandford Press Ltd., 1969, LCCN 77-92035, p. 156