CB Lucentum Alicante
Lucentum Alicante | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1994 |
Desaparición | 2015 |
Cores | Branco, azul |
Localización | |
Cidade | Alacant, España |
Pavillón | Pabellón Pedro Ferrándiz |
Capacidade | 5 425 |
Inauguración | 1993 |
Campionatos | |
Liga LEB | 2 (2000, 2002) |
Copa Príncipe | 2 (2002, 2009) |
- Para o actual equipo da Liga LEB, véxase Fundación Lucentum Baloncesto.
O Club Baloncesto Lucentum Alicante foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Alacant, Comunidade Valenciana. Fundado en 1994, militou durante nove temporadas na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. Desapareceu en agosto de 2015 por problemas financeiros, cedendo a súa praza na Liga LEB Prata á Fundación Lucentum Baloncesto, club creado dous meses antes coa intención de salvar o baloncesto profesional na cidade.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 31 de maio de 1994 un grupo de persoas vinculadas ao baloncesto alacantino, basicamente a través do Club de Baloncesto Miguel Hernández, deciden crear un novo club coa denominación de Club Baloncesto Lucentum Alicante. O 25 de xullo de 1994 acepta a invitación para competir na Liga EBA. Na primeira tempada o proxecto recibiu o soporte económico da empresa "Ernesto Electrodomésticos". NA súa primeira temporada, o club superou os obxectivos deportivos marcados inicialmente, chegando á semifinal para o ascenso á liga ACB. O soño non se puido facer realidade, xa que no último segundo perdeu por un punto fronte ao Gijón Baloncesto, que ascendeu á ACB.
Ao longo de 1996 a Federación Española de Baloncesto reestruturou as categorías coa creación da Liga Española de Baloncesto (LEB), á cal se accedía por palmarés deportivo e por convite entre os equipos que o solicitaban e superaban unha auditoría sobre a súa situación económica. O Lucentum Alicante solicitou a súa inclusión e, despois de cumprir todos os requirimentos, foi admitido como equipo LEB, sendo o único representante da Comunidade Valenciana desta categoría. As boas campañas realizadas na LEB culminaron na temporada 1999−00 co liderado na clasificación e o ascenso á ACB. Na súa primeira etapa na máxima categoría, as limitacións económicas e deportivas marcaron o equipo, que non puido evitar o descenso á LEB.
Na temporada 2001−02 prodúcese unha mudanza importante na traxectoria do club. Un novo grupo de persoas, encabezadas por Luis Castillo, inicia un novo proxecto que decontado comeza a dar os seus froitos: conséguese a Copa Príncipe de Asturias de Baloncesto, o campionato da LEB e o retorno á ACB. O novo proxecto conseguiu atraer o interese da cidade de Alacant, dos medios de comunicación e da sociedade alacantina. Desde a tempada do ascenso, o Lucentum atinxiu dúas clasificacións para os playoffs polo título, coa súa correspondente clasificación para as competicións europeas, e a histórica participación na Copa do Rei de Zaragoza en 2004. Con todo, na tempada 2006−07 o Lucentum descende á liga LEB, dimitindo o seu presidente e ocupando o seu lugar Miguel Cano. Pouco tempo despois, na temporada 2008−09, o club regresa á máxima categoría, onde permance até a temporada 2011−12 co descenso á Liga LEB Ouro. Debido a dificultades económicas o club desparece en agosto de 2015, cedendo a súa praza na Liga LEB Prata á Fundación Lucentum Baloncesto, club creado dous meses antes coa intención de salvar o baloncesto profesional na cidade.[1]
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Alén de Lucentum Alicante, o club tivo outro nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio:
- Ernesto Electrodomésticos (1994–1996)
- Proaguas Costablanca (2000–2001)
- Etosa Alicante (2002–2007)
- Alicante Costablanca (2007–2008)
- Meridiano Alicante (2009–2011)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Lucio Angulo
- José Manuel Calderón
- Carlos Cazorla
- Berni Hernández
- Oriol Junyent
- Pedro Llompart
- Iñaki de Miguel
- Nacho Rodríguez
- Ademola Okulaja
- Pablo Prigioni
- Pepe Sánchez
- Rafa Luz
- Velimir Perasović
- Mario Stojić
- Martin Rančík
- Justin Doellman
- Chuck Kornegay
- Quincy Lewis
- Marlon Maxey
- Darryl Middleton
- Lou Roe
- Kyle Singler
- John Williams
- Alain Digbeu
- Stéphane Dumas
- Thomas Heurtel
- Moustapha Sonko
- Martynas Andriuškevičius
- Henk Norel
- Vule Avdalović
- Bojan Popović
- Serkan Erdoğan
Adestradores
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os adestradores do Lucentum Alicante en ACB.
- Andreu Casadevall (2000−2001)
- José Luis Oliete (2001)
- Julio Lamas (2002−2003)
- Luis Casimiro (2003)
- Alfredo García (2003)
- Trifón Poch (2003−2007)
- Oscar Quintana (2009−2010)
- Txus Vidorreta (2010−2012)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (2): 2000, 2002
- Subcampións (2): 2009, 2013
- Campións (2): 2002, 2009
- Subcampións (1): 2008
Lliga Valenciana
- Campións (3): 2004, 2006, 2011
- Subcampións (4): 2005, 2008, 2009, 2010
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1994–95 | 2 | EBA | 4º | 24–14 | ||||||
1995–96 | 2 | EBA | 11º | 15–20 | ||||||
1996–97 | 2 | LEB | 8º | 19–16 | ||||||
1997–98 | 2 | LEB | 7º | 15–17 | ||||||
1998–99 | 2 | LEB | 11º | 12–19 | Copa Príncipe | CF | ||||
1999–00 | 2 | LEB | 1º | 30–12 | Copa Príncipe | CF | ||||
2000–01 | 1 | ACB | 17º | 9–25 | ||||||
2001–02 | 2 | LEB | 1º | 27–1–12 | Copa Príncipe | 1º | ||||
2002–03 | 1 | ACB | 8º | 19–19 | ||||||
2003–04 | 1 | ACB | 14º | 14–20 | 2 Copa ULEB | TR | 3–7 | |||
2004–05 | 1 | ACB | 6º | 25–14 | Cuartos de final | |||||
2005–06 | 1 | ACB | 12º | 14–20 | 2 Copa ULEB | OF | 6–6 | |||
2006–07 | 1 | ACB | 17º | 12–22 | ||||||
2007–08 | 2 | LEB Ouro | 4º | 26–12 | Copa Príncipe | 2º | ||||
2008–09 | 2 | LEB Ouro | 2º | 29–10 | Copa Príncipe | 1º | ||||
2009–10 | 1 | ACB | 15º | 13–21 | ||||||
2010–11 | 1 | ACB | 16º | 9–25 | ||||||
2011–12 | 1 | ACB | 8º | 18–18 | Cuartos de final | |||||
2012–13 | 2 | LEB Ouro | 2º | 27–11 | ||||||
2013–14 | 5 | 1ª Div. | 1º | 27–1 | ||||||
2014–15 | 3 | LEB Prata | 5º | 22–14 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "La Fundación Lucentum toma el relevo del CB Lucentum" (en castelán). Dario Información. 5 de agosto de 2015.