CAC Winjeel
CAC Winjeel | |
---|---|
Tipo | adestrador |
Fabricante | Commonwealth Aircraft Corporation |
Primeiro voo | 23 de febreiro de 1955 |
Introducido | 1955 |
Principais usuarios | Real Forza Aérea de Australia |
Unidades construídas | 2 (CA-22) 62 (CA-25) |
O CAC CA-25 Winjeel é un avión de adestramento de tres prazas deseñado e fabricado en Australia. Entrou o servizo coa Real Forza Aérea de Australia (RAAF) en 1955 como adestrador de base a avanzado, e desempeñou esta función ata 1975. Máis tarde utilizouse no papel de Control Aéreo Avanzado (FAC) para marcar obxectivos ata 1994, despois do cal foi retirado do servizo da RAAF.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O Winjeel (dunha palabra indíxena de Victoria para "aguia nova",[1] unha ortografía alternativa de Bunjil) foi desenvolvido por Commonwealth Aircraft Corporation en Fishermans Bend, Victoria, para satisfacer o requisito técnico da RAAF No.AC.77 emitido en 1948. Deseñado para substituír tanto ao Tiger Moth como ao CAC Wirraway, os primeiros dous prototipos do CA-22 voaron en febreiro de 1951.[2][3] Porén, demostrou ser un avión moi estable facendo case imposible entrar en barrena, e sendo isto unha parte obrigada do adestramento dos pilotos, polo que a cola tivo que ser redeseñada.[4] Posteriormente construíronse sesenta e dous avións CA-25 de produción que recibiron on números de serie da flota A85-401 a A85-462.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ABC Central Victoria » Historic flypast for Ballarat on Anzac Day". web.archive.org. 2005-05-27. Archived from the original on 27 de maio de 2005. Consultado o 2024-04-27.
- ↑ 2,0 2,1 Wilson 1994, p. 77
- ↑ 3,0 3,1 "CAC Winjeel". Royal Australian Air Force. Consultado o 27 de abril de 2024.
- ↑ Dennis et al 2008, p. 604
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dennis, Peter; Grey, Jeffrey; Morris, Ewan; Prior, Robin; Bou, Jean (2008). The Oxford Companion to Australian Military History (Second ed.). Melbourne: Oxford University Press. ISBN 978-0195517842.
- Wilson, Stewart (1994). Military Aircraft of Australia. Weston Creek, Australian Capital Territory: Aerospace Publications. ISBN 1875671080.