Óxido de ferro
Os óxidos de ferro son compostos químicos formados por ferro e osíxeno. Coñécense 16 óxidos de ferro.
Estes compostos son óxidos (hematita, magnetita, maghemita, β-Fe2O3, ε-Fe2O3, Wüstite), ou hidróxidos e oxihidróxidos (goetita, lepidocrocita, akaganeíta, feroxihita, δ-FeOOH, FeO(OH) de alta presión, ferrihidrita, bernalita, Fe(OH)2).
Algúns destes óxidos son utilizados en cerámica, particularmente en vidrados. Os óxidos de ferro, como os óxidos doutros metais, proveñen a cor dalgúns vidros despois de ser quentados a altas temperaturas. Tamén son usados como pigmento.
Óxidos de ferro
[editar | editar a fonte]- Óxido de ferro(II) ou óxido ferroso (FeO). O po de óxido ferroso pode causar explosións xa que literalmente entra en combustión.
- Óxido de ferro(III) ou óxido férrico (Fe2O3). No seu estado natural é coñecido como hematita. Tamén é purificado para o seu uso como soporte de almacenamento magnético en son e informática. Esta é a forma de óxido comunmente vista en ferros e estruturas de aceiro oxidadas que ataca desde pontes até carrocerías de automóbiles e que é tremendamente destrutiva.
- Óxido de ferro(II, III) ou óxido ferroso férrico (Fe3O4). No seu estado natural é coñecido como magnetita, un mineral de cor negra que constitúe unha das fontes principais de obtención de ferro. Esta forma de óxido tende a ocorrer cando o ferro se oxida baixo a auga e por iso é frecuente encontralo dentro de tanques ou baixo a liña de flotación dos barcos.
A variedade de cores de óxido de ferro(III) (azul, verde e violeta) que simula o atardecer, débese principalmente á habilidade do ferro de cambiar os seus electróns no penúltimo nivel de enerxía con modificación no spin. Disto inflúese, que a camuflaxe das iguanas se debe á inclusión deste elemento sobre a súa pel.
Hidróxidos de ferro
[editar | editar a fonte]- Hidróxido de ferro(II) Fe (OH)2. É de cor verde.
- Hidróxido de ferro(III) Fe (OH)3. É de cor marrón escura.
- Oxihidróxido de ferro(III) FeO (OH). No seu estado natural coñécese como goetita. É de cor rubia marrón. Tamén se atopa conformando os seguintes minerais: sideroxel, limonita e feroxihita; ademais de existir unha variante coñecida como lepidocrocita.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óxido de ferro |