Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ángel Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Serrano
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto , baloncestista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Club Baloncesto Breogán Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de setembro de 1967Jogos do Mediterrâneo de 1967 (pt) Traducir
1967EuroBasket 1967 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Ángel Serran Yubero, coñecido como Ángel Serrano, nado o 12 de marzo de 1942 en Madrid e un ex xogador e ex-adestrador profesional de baloncesto internacional español que xogou durante a meirande parte da súa carreira no Club Baloncesto Breogán de Lugo da Liga Española de Baloncesto. Como adestrador destaca a súa campaña 1986-1987 co Breogán na liga ACB. Foi internacional absoluto con España en 23 ocasións.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Colexio Ateneo de Madrid, chegou ao primeiro equipo xogando dúas tempadas en Segunda División.[1] Posteriormente xogaría no Agromán de Madrid durante dúas temporadas, para finalmente asinar durante un ano co Real Canoe. Posteriormente marcharía de Madrid cara Vitoria para asinar co equipo no que transcorreu case toda a súa carreira, o SD Kas de Vitoria. Finalmente xogaría un último ano no Club Baloncesto Breogán de Lugo.

  • Ateneo Madrid (1961-1963)
  • CB Agromán (1963-1965)
  • Real Canoe (1965-1966)
  • SD Kas (1966–1968)
  • ACB Breogán Lugo (1968–1976)

Internacional

[editar | editar a fonte]

Ángel Serrano foi 23 veces internacional coa selección de baloncesto de España absoluta. Con ela participaría nos Xogos Mediterráneos de 1967, onde acabou no sexto lugar, no Eurobasket do mesmo ano, acabando na décima posición e no Mundial Extraordinario de Chile.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Como adestrador comezou na categoría xuvenil do Canoe para posteriormente adestrar ao primeiro equipo. Finalmente, anos despois, adestraría unha última tempada no Club Baloncesto Breogán da liga ACB.

Ángel Serrano era un aleiro que destacaba no xogo colectivo, defensa e tiro exterior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]