Åsa Larsson
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1966 (58 anos) Uppsala, Suecia |
Residencia | Mariefred (pt) |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Ocupación | Avogada e escritora |
Xénero artístico | Novela policial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Åsa Elena Larsson, nada en Uppsala (Suecia) o 28 de xuño de 1966, é unha escritora sueca de novela negra, creadora da avogada Rebecka Martinsson, protagonista das súas obras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Uppsala, educouse en Kiruna a partir dos catro anos e actualmente vive en Mariefred. Estudou Dereito na Universidade de Uppsala e exerceu a súa profesión no campo das leis tributarias antes de dedicarse a escribir. Confesou que descubrira o pobre que era a súa vida durante a baixa maternal: "Buscaba a diversión dentro da miña cabeza", explicou en Bilbao, agregando que a atopou na literatura, tanto como lectora ou como escritora.[1]
Educouse no laestadianismo, un movemento luterano conservador,[2][3] e cre que o seu afán por escribir novela negra vén das súas lecturas infantís da Biblia, que afirma, "está chea de historias violentas". O seu pai, bibliotecario e de ideas comunistas, guiouna cara á literatura.[2][3][4][5][6]
Coa súa primeira obra editada en España en 2009, Solstorm (traducida como Aurora Boreal), en cinco meses, vendera 110.000 exemplares en 14 edicións, segundo datos da propia editorial.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]A protagonista das súas novelas, Rebecka Martinsson, tamén estudou leis en Uppsala, e as historias transcorren na vila mineira de Kiruna, situada preto do círculo polar ártico.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]En 2007, o director sueco Leif Lindblom levou ao cine Solstorm,[7][8] a primeira novela de Larsson, que fora publicada catro anos antes.
Non garda ningún parentesco co famoso escritor sueco Stieg Larsson, a pesar da coincidencia do apelido, pero si é neta do esquiador olímpico Erik August Larsson que gañou unha medalla de ouro na olimpiada de 1936.[9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio da Asociación de Escritores Suecos de Novela Negra 2003 á mellor ópera prima por Solstorm (en galego: Aurora boreal)
- Mellor Novela Negra de Suecia 2004 por Det blod som spillts
- Pluma de Prata da Feira do Libro de Bilbao 2010 por Solstorm.[10]
- Mellor Novela Negra de Suecia 2012 por Till offer åt Molok
Obras
[editar | editar a fonte]Serie de Rebecka Martinsson
[editar | editar a fonte]- Solstorm, (2003), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
- Det blod som spillts, (2004), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
- Svart stig, (2006), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
- Till dess din vrede upphör, (2008), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
- Till offer åt Molok, (2012), trad. de Mayte Giménez e Pontus Sánchez, ed. Seix Barral.
Outras
[editar | editar a fonte]- 2003 - Upptäck jorden
- 2005 - Aurinkomyrsky
- 2007 - Systrarna Hietala (historias curtas)
- 2009 - Guds starka arm (coescrito con Lena Andersson)
- 2012 - Tjernaja Tropa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Larrauri, Eva (7 de xuño de 2010). "Literatura contra el tedio". cultura.elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Abella, Anna (20 de xaneiro de 2010). "Åsa Larsson: «Creí que mi madre iría al infierno por ser lesbiana»". www.elperiodico.com (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Corroto, Paula (23 de outubro de 2009). "Asa Larsson se come a Stieg". www.publico.es (en castelán). Archived from the original on 26 de abril de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ Intxausti, Aurora (11 de febreiro de 2009). ""Me inspira la Biblia, llena de historias violentas"". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2013.
- ↑ López, Ángeles (17 de xuño de 2009). "Asa Larsson: 'Muchas personas se han salido de una secta después de leer mi libro'". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Corroto, Paula (22 de agosto de 2022). "¿Qué fue de Asa Larsson? La 'bestseller' sueca que le disputó el trono a su compatriota Stieg". elconfidencial.com. (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2022.
- ↑ "Aurora boreal". filmaffinity.com/es. Consultado o 13-03-2019.
- ↑ "Aurora boreal". imdb.com. Consultado o 13-03-2019.
- ↑ Abella, Anna (20-01-2010 (actualizado o 26-04-2017)). "Åsa Larsson: «Creí que mi madre iría al infierno por ser lesbiana»". elperiodico.com. Consultado o 13-03-2019.
- ↑ Asa Larsson recibe a Pluma de Prata[6], vídeo en Youtube da Axencia EFE, 07.06.2010; acceso 14.03.2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. de Åsa Larsson en castelán
- Páxina de Larsson en Seix Barral Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Páxina de Larsson en Random House, en inglés