Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xordanes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Xordanes''' foi un funcionario e historiador do [[Imperio Romano de Oriente]].
'''Xordanes''' foi un funcionario e historiador do [[Imperio Romano de Oriente]]. Aínda que escribiu unha ''Historia de Roma'' (''Romana''), a súa obra de maior interese é ''De origine actibusque Getarum'' (''A orixe e as fazañas dos Godos''), ou ''[[Getica]]'', escrito en [[latín]] (probabelmente a terceira lingua de '''Xordanes''') en [[Constantinopla]], sobre o [[551]].

Aínda que escribiu unha ''Historia de Roma'' (''Romana''), a súa obra de maior interese é ''De origine actibusque Getarum'' (''A orixe e as fazañas dos Godos''), ou ''[[Getica]]'', escrito en [[latín]] (probabelmente a terceira lingua de '''Xordanes''') en [[Constantinopla]], sobre o [[551]].

== O contorno político en Constantinopla ==
== O contorno político en Constantinopla ==

[[Xustiniano]] chegara ao poder como [[Emperador Romano|emperador]] asociado en [[527]], tomando pouco máis tarde o control en solitario trala morte de seu predecesor. Desde [[523]], ademais, estaba casado con [[Teodora]]. Naquela época, [[Península itálica|Italia]] era unha mestura de antigos [[Roma Antiga|romanos]], pobos italianos e [[godos]]. As relacións entre estes pobos variaban entre períodos de paz e outros de non tanta harmonía. No aspecto relixioso, Italia quedaba en territorio de influencia de Roma, mentres [[Xustiniano]] e [[Teodora]] pertencían á [[Igrexa Ortodoxa]] Oriental.

Liña 14: Liña 11:

=== A crise do papado ===
=== A crise do papado ===

[[A controversia dos tres capítulos]] foi un asunto complexo dentro dos círculos das igrexas cristiás. Pediuse a [[Xustiniano]] que tomase parte (como xa fixera [[Constantino I o Grande|Constantino I]] ao entrar nos debates sobre temas relixiosos), cousa que fixo en [[543]] ou [[544]], cun edicto que condenaba os Tres Capítulos. [[Xustiniano]] esperaba que o edicto facilitase a reconciliación cos [[monofisismo|monofisistas]]. [[Patriarcas]] e [[Bispos]] foron entón obrigados a asinaren o edicto.

Liña 20: Liña 16:

=== Xordanes involúcrase no conflito ===
=== Xordanes involúcrase no conflito ===

Como e onde chegou '''Xordanes''' a unirse a Vixilio en [[Constantinopla]] segue sendo un enigma. Como bispo de [[Crotona]], non debía acharse en Roma no momento do arresto de Vixilio. Tras unirse a el, podería non ser autorizado a marchar, xa que este compartía a política conciliatoria de Vixilio que concernía aos restos dos [[hunos]] e aos godos. A última cousa que [[Xustiniano]] quería era a reconciliación, xa que enviara a [[Belisario]] a Italia para derrotar estes pobos.

Liña 26: Liña 21:

== Xordanes bispo ==
== Xordanes bispo ==

Non se sabe moito sobre a carreira de '''Xordanes''' na Igrexa. O Papa [[Paio, papa|Paio]] menciona a un '''''Iordanes''', defensor Ecclesiae Romanae'' ('''Xordanes''', defensor da Igrexa Romana), que podería referirse ao historiador bizantino. A enfatización no termo "Igrexa Romana", como oposto a algunha outra igrexa, parece implicar o coñecido conflito entre o credo niceno e o credo ariano, entón aínda en conflito. Sobre o ano 551, ao [[Papa]] Vixilio, detido en [[Constantinopla]], uníuselle o [[bispo]] '''Xordanes''' de [[Crotonna]] (Bruttium, Italia), comunmente identificado como '''Xordanes''' o historiador. Algunhas fontes identifícano como o [[bispo]] de [[Ravenna]], se ben outras negan que o fose.

== [[Getica]] ==
== [[Getica]] ==

Os avatares do tempo fixeron que esta sexa a única fonte supervivente sobre a orixe dos pobos godos que ocuparon as beiras do [[Mar Báltico]], arredor da actual [[Polonia]], e que se estenderon ao sur ata o [[Mar Negro]], formando un imperio diferenciado cunha [[lingua gótica|lingua propia]] e sobre como os godos foron derrotados polos [[hunos]] e gradualmente se dispersaron por [[Europa]] ata desapareceren por asimilación con outros pobos.

Liña 39: Liña 32:
Así e todo, parte desa consideración de escritor en [[latín]] decadente de '''Xordanes''' viuse recentemente cambiada, ao se descubriren novos manuscritos -o ''Panornitanus'' Arch. Stato. cod. Basile- parecendo que os abundantes erros atribuídos á pluma de '''Xordanes''' corresponden aos copistas nórdicos posteriores, descoñecedores do [[latín]].<ref> José María Sánchez Martín (Ed.), ''Origen y gestas de los godos'', Cátedra, 2001, (ISBN 84-376-1887-8) </ref>

== Véxase tamén ==
== Notas==
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[ostrogodos]]
* [[ostrogodos]]
* [[Monofisismo]]
* [[Monofisismo]]
* [[Nestorianismo]]
* [[Nestorianismo]]

== Ligazóns externas ==
=== Ligazóns externas ===
* ''[http://www.ucalgary.ca/~vandersp/Courses/texts/jordgeti.html The origin and and deeds of the goths]'', tradución ao [[lingua inglesa|inglés]] por Charles C. Mierow. Páxina web da Universidade de [[Calgary]] ([[Canadá]]). {{en}}

* ''[http://www.llanes.as/nor/nie/20021008.htm Historia y reivindicación de los godos]'', por José Ignacio Gracia Noriega. Na páxina web do Portal Llanes. {{es}}
* ''[http://www.ucalgary.ca/~vandersp/Courses/texts/jordgeti.html The origin and and deeds of the goths]'', tradución ao [[lingua inglesa|inglés]] por Charles C. Mierow. Página web da Universidade de [[Calgary]] ([[Canadá]]).
* ''[http://www.llanes.as/nor/nie/20021008.htm Historia y reivindicación de los godos]'', por José Ignacio Gracia Noriega. En páxina web de Portal Llanes. (en español)
* ''[http://www.geocities.com/milan313/origo.html#origenJor Origen de los godos según Jordanes]''. Recompilación de varias fontes. Páxina web da Sociedade Chilena de Estudos Medievais.
* ''[http://www.geocities.com/milan313/origo.html#origenJor Origen de los godos según Jordanes]''. Recompilación de varias fontes. Páxina web da Sociedade Chilena de Estudos Medievais.

== Referencias ==
{{Listaref}}

[[Categoría:Historiadores bizantinos]]
[[Categoría:Historiadores bizantinos]]

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2010 ás 23:33

Xordanes foi un funcionario e historiador do Imperio Romano de Oriente. Aínda que escribiu unha Historia de Roma (Romana), a súa obra de maior interese é De origine actibusque Getarum (A orixe e as fazañas dos Godos), ou Getica, escrito en latín (probabelmente a terceira lingua de Xordanes) en Constantinopla, sobre o 551.

O contorno político en Constantinopla

Xustiniano chegara ao poder como emperador asociado en 527, tomando pouco máis tarde o control en solitario trala morte de seu predecesor. Desde 523, ademais, estaba casado con Teodora. Naquela época, Italia era unha mestura de antigos romanos, pobos italianos e godos. As relacións entre estes pobos variaban entre períodos de paz e outros de non tanta harmonía. No aspecto relixioso, Italia quedaba en territorio de influencia de Roma, mentres Xustiniano e Teodora pertencían á Igrexa Ortodoxa Oriental.

Xustiniano foi coñecido como "o emperador que nunca durmía". El e Teodora (que foi unha parella excelente e de semellante intelixencia á do emperador) dedicaron case cada momento do seu tempo e recursos a un obxectivo: a reunificación e restauración do Imperio Romano. Os seus métodos foron en ocasións extremos, ao igual que desapiadados. Lograron un éxito parcial neste obxectivo, e dese modo, ambos os dous foron coñecidos como os últimos emperadores propiamente romanos.

Como astuto estadista que era, comprendeu a necesidade de vencer os seus inimigos facendo certas concesións. Continuou a política de recoñecer á sede papal como suprema autoridade eclesiástica. A pesar diso, confiaba en controlar ese poder grazas á súa influencia persoal. En 536, a súa esposa chegou a un acordo co representante papal, Vixilio, un nativo romano. No quid pro quo subseguinte (expresión que aínda hoxe é a base dos acordos legais), o quid era a concesión do papado e 700 libras de ouro. O quo era a cooperación de Vixilio con Xustiniano.

Tras este acordo, o xeneral dos exércitos de Xustiniano, Belisario, estableceu a súa gornición na cidade de Roma. O Papa Silverio (un guerreiro godo) foi expulsado do papado mediante falsas acusacións. Belisario asegurouse que a elección do novo Papa favorecese a Vixilio. Xustiniano, porén, que actuara so a motivación da razón de estado, non contaba con que Vixilio, máis pendente da súa propia conciencia, terminaría actuando en contra da política imperial.

A crise do papado

A controversia dos tres capítulos foi un asunto complexo dentro dos círculos das igrexas cristiás. Pediuse a Xustiniano que tomase parte (como xa fixera Constantino I ao entrar nos debates sobre temas relixiosos), cousa que fixo en 543 ou 544, cun edicto que condenaba os Tres Capítulos. Xustiniano esperaba que o edicto facilitase a reconciliación cos monofisistas. Patriarcas e Bispos foron entón obrigados a asinaren o edicto.

Vixilio negouse a asinar. Sacárono á forza en medio dun servizo relixioso que celebraba a festividade de Santa Cecilia e foi escoltado ata un barco que, no río Tíber, esperaba para transportalo a Constantinopla. Tras unha estadía en Sicilia, chegou a Constantinopla en 547, pasando na capital os seguintes oito anos, aínda que non só pola súa teimosa negativa a asinar o edicto, senón tamén porque Xustiniano prefería mantelo afastado das guerras cos godos e dos violentos conflitos políticos que devoraban Italia. En 555, trala derrota dos godos, Vixilio accedeu aos desexos do soberano e permitíronlle abandonar a capital, só para morrer na viaxe de regreso a Roma, onde foi enterrado á súa chegada.

Xordanes involúcrase no conflito

Como e onde chegou Xordanes a unirse a Vixilio en Constantinopla segue sendo un enigma. Como bispo de Crotona, non debía acharse en Roma no momento do arresto de Vixilio. Tras unirse a el, podería non ser autorizado a marchar, xa que este compartía a política conciliatoria de Vixilio que concernía aos restos dos hunos e aos godos. A última cousa que Xustiniano quería era a reconciliación, xa que enviara a Belisario a Italia para derrotar estes pobos.

O libro sobre a historia de Roma, Romana, empezou como unha forma de alixeirar a carga do arresto e para encher as longas horas do mesmo. Esta obra sobreviviu baixo varios títulos descritivos: De summa temporum vel origine actibusque gentis romanorum, De regnorum et temporum successione, e incluso Liber de origine mundi et actibus romanorum ceterarumque gentium ou De gestis romanorum. Trátase dunha apresurada compilación, iniciada antes, pero publicada despois da Historia dos Godos de 551, cubrindo a historia do mundo desde a Creación, baseada en Xerome e outros escritores, pero que ten o seu maior valor en canto trata os acontecementos entre 450 e 550, cando Xordanes aborda a historia recente da súa época.

Xordanes bispo

Non se sabe moito sobre a carreira de Xordanes na Igrexa. O Papa Paio menciona a un Iordanes, defensor Ecclesiae Romanae (Xordanes, defensor da Igrexa Romana), que podería referirse ao historiador bizantino. A enfatización no termo "Igrexa Romana", como oposto a algunha outra igrexa, parece implicar o coñecido conflito entre o credo niceno e o credo ariano, entón aínda en conflito. Sobre o ano 551, ao Papa Vixilio, detido en Constantinopla, uníuselle o bispo Xordanes de Crotonna (Bruttium, Italia), comunmente identificado como Xordanes o historiador. Algunhas fontes identifícano como o bispo de Ravenna, se ben outras negan que o fose.

Os avatares do tempo fixeron que esta sexa a única fonte supervivente sobre a orixe dos pobos godos que ocuparon as beiras do Mar Báltico, arredor da actual Polonia, e que se estenderon ao sur ata o Mar Negro, formando un imperio diferenciado cunha lingua propia e sobre como os godos foron derrotados polos hunos e gradualmente se dispersaron por Europa ata desapareceren por asimilación con outros pobos.

Esta obra foi escrita por Xordanes a pedimento dun amigo, quen lle pediu escribilo para a igrexa, como resumo dunha obra de varios volumes (hoxe desaparecida) sobre a historia dos godos, compilada polo político e escritor Casiodoro. Os factores máis importantes na selección de Xordanes para este traballo foi o seu interese pola historia (xa estaba traballando nunha historia de Roma), a súa habilidade para escribir de forma sucinta, e as súas propias relacións cos godos. Xordanes fora funcionario de alto nivel, notario ou secretario, dun pequeno estado cliente de Constantinopla na fronteira de Moesia, ao norte da actual Bulgaria.

Outros escritores como Procopio escribiron obras aínda existentes sobre a historia posterior dos godos. Como único traballo supervivente sobre a orixe dos godos, a Getica de Xordanes foi obxecto dunha extensa revisión crítica. Xordanes escribiuno en latín tardío, denigrado polos clasicistas por non respectar as regras do latín clásico de Cicerón. Segundo a súa propia introdución, só tivo tres días para revisar o traballo de Casiodoro, e polo tanto, debía confiar no seu propio coñecemento. Algunhas das súas exposicións son moi escuetas.

Así e todo, parte desa consideración de escritor en latín decadente de Xordanes viuse recentemente cambiada, ao se descubriren novos manuscritos -o Panornitanus Arch. Stato. cod. Basile- parecendo que os abundantes erros atribuídos á pluma de Xordanes corresponden aos copistas nórdicos posteriores, descoñecedores do latín.[1]

Notas

  1. José María Sánchez Martín (Ed.), Origen y gestas de los godos, Cátedra, 2001, (ISBN 84-376-1887-8)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas