Icía de Roma
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 180 Roma, Italia |
Morte | 22 de novembro de 230 (49/50 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | martirio, decapitación |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | música |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século III ) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 22 de novembro |
Patrón de | Músico |
Familia | |
Cónxuxe | Valeriano de Roma |
Cronoloxía | |
Saint Cecilia distributing her wealth to the poor (en) | |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Icía de Roma[1], máis coñecida como Santa Icía ou Santa Cecilia, e coas variantes Cecilia[1], Cilla[1], Cecía[1] e Sía[2], (en latín, Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe, no século III.[3] Na Igrexa católica, é patroa da música, dos poetas e dos cegos (xunto con santa Lucía de Siracusa).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Icía era unha moza patricia romana.[3] Foi obrigada por seus pais a casar con Valeriano.[3] Xunto con seu irmán Tiburcio, pediulle ser bautizada ao papa san Urbano.[3] Por tal motivo, foi condenada á pena capital.[3] Despois de moitos castigos, foi decapitada, pero o verdugo non atinou e Icía estivo agoniando durante tres días.[3] Morreu en presenza de Urbano e enterrárona no cemiterio de Calisto.[3]
Xunto con santa Einés, é a máis popular das mártires romanas.[1] O seu culto en Hispania é antigo, aproximadamente dende o século X.[1]
Patroa da música
[editar | editar a fonte]Pasaron máis de mil anos para que Icía fose proclamada patroa da música.[3] En 1594, o papa Gregorio XIII canonizouna e deulle oficialmente o nomeamento, por «demostrar unha atracción irresistible cara aos acordes melodiosos dos instrumentos. O seu espírito sensible e apaixonado por esta arte converteu así o seu nome en símbolo da música». Este padroado foi produto dunha mala tradución dende o latín da súa lendaria Paixón.[3]
O 22 de novembro, sinalado pola tradición como o día da súa morte (ou o día do seu nacemento), foi adoptado en moitos países como o Día da Música.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa vella de Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol
-
Igrexa nova de Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol
-
Rúa de Santa Cecilia, na Coruña
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Cecilia
- Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Cilla
- Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Sía