Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tony Shelly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTony Shelly
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1998 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, piloto de carreiras, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata

Anthony "Tony" Lionel Shelly, nado o 2 de febreiro de 1937 e finado o 4 de outubro de 1998, foi un piloto de carreiras neozelandés.

Competiu na Fórmula 1 en 1962, participando en 3 Grandes Premios do Campionato do Mundo e varias carreiras fora do campionato. Non logrou puntuar nunca no Campionato do Mundo. Tamén posuía un concesionario de BMW chamado Shelly Motors en Honolulu.[1] A empresa anteriormente pertencía ao pai de Shelly e fora vendida á súa morte.[1] Shelly posteriormente volveu a adquirir o negocio e converteuse nun cidadán americano en 1975.[1] Dividiu o seu tempo entre unha casa en Honolulu e outra en Nova Zelandia, onde morreu.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Shelly fixo o seu debut no automobilismo en xaneiro de 1955, participando cun Morgan na clase Sports Car para o Gran Premio de Nova Zelandia. Shelly cualificou pero non comezou a carreira.[2] Shelly gañou "a primeira gran carreira que disputou"[3] en Teretonga en 1958pilotando un Cooper[3] e converteuse nun piloto líder en Australia e Nova Zelandia antes de desprazarse as carreiras en Europa en 1962.[3] Pilotou principalmente para John Dalton, xeralmente en carreiras fora do campionato con relativo éxito, un quinto no Lombank Trophy e un terceiro na Lavant Cup sendo o máis destacado da súa tempada. Tamén participou en tres carreiras do campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 1962, onde se retirou cunha xunta de culata rota, en Nürburgring e no Gran Premio de Italia de 1962, onde non conseguiu cualificar en ningunha ocasión.[3] Ao final da tempada regresou a Nova Zelandia, onde continuou competindo en 1963 e 1964 tralo calretirouse, aínda que competiu ocasionalmente a partir de entón.[3]

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1962 John Dalton Lotus 18/21 Climax 4 en liña NED MON BEL FRA GBR
Ret
ALE
NSC
NC 0
Autosport Team Wolfgang Seidel Lotus 24 BRM V8 ITA
NSC
USA RSA
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Hawaii auto dealer Shelly dies at 61". Honolulu Star-Bulletin. 8 de outubro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2008. Consultado o 30 de agosto de 2011. 
  2. "Tony Shelly - Biography". F1 Rejects. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. p. 352. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]