Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Seseña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de decembro de 2023 ás 22:51 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) ({{Xeografía política}})
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaSeseña
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°06′18″N 3°42′08″O / 40.105, -3.7022222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Toledo Editar o valor en Wikidata
CapitalSeseña Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación29.271 (2023) Editar o valor en Wikidata (402,74 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie72,68 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude598 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataCarlos Velázquez Romo (en) Traducir (2011–2019) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal45223 e 45224 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE45161 Editar o valor en Wikidata

Páxina webayto-sesena.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461704

Seseña é un concello español da provincia de Toledo, en Castela-A Mancha. É limítrofe coa Comunidade de Madrid e atópase a 36 km do centro de Madrid. Pertence á histórica comarca de La Sagra.

Tiña en 2015 unha poboación de 21.558 habitantes, repartidos en cinco núcleos de poboación: Seseña Viejo, La Estación, Seseña Nuevo (a 4 km do núcleo principal), Vallegrande e El Quiñón.

Esta terra, pola súa proximidade a unha zona de regadío, está presente desde temperáns tempos, na historia da provincia de Toledo. No século XII, Afonso VIII dá ao bispo Alderico, da catedral de Sigüenza, unha herdade preto do Jarama e do Texo, que despois cambia o rei co bispo por un muíño en Berlanga. O mesmo soberano fixo concesións sobre as salinas de Las Espartinas. Foi vila do señorío do infante don Felipe, comprendido no estado de Chinchón. A vila repóboase a mediados do século XV, durante o reinado de Xoán II, que para mantela fai mercé aos seus veciños da metade do termo de Las Espartinas; doazón que logo confirma o seu sucesor Henrique IV.

En 1936, durante a Guerra Civil Española, tivo lugar a batalla de Seseña, unha confrontación que durou meses e que deixou a maioría de edificacións parcial ou completamente destruídas polo que se decidiu construír Seseña Nuevo (a 4 quilómetros de Seseña Viejo).

O 13 de maio de 2016 desátase na localidade o incendio do maior vertedoiro de pneumáticos de Europa, declarado ilegal xa en 2003, producindo unha columna de fume visible desde a cidade de Madrid. Foi unha das maiores catástrofes ambientais no país desde o afundimento do Prestige na costa galega.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]