Río Xordán
(he) נְהַר הַיַרְדֵּן (he) נהר הירדן | ||||
Tipo | río rio fronteiriço (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Asia | |||
País da cunca | Xordania, Palestina, Líbano, Israel e Siria | |||
Altitude inicial | 2.814 m | |||
Localización | Altos do Golán | |||
Final | ||||
Altitude final | −416 m | |||
División administrativa | Israel | |||
Localización | Mar Morto | |||
| ||||
Afluentes | 38 | |||
Características | ||||
Dimensións | 252 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 18.000 km² | |||
O río Xordán (en hebreo: נְהַר הַיַּרְדֵּן nehar hayarden; en árabe: نَهْر الْأُرْدُنّ nahr al-urdun) é unha corrente de auga que corre polo Oriente Próximo, na maior parte do seu curso entre terras dos estados de Israel e Xordania. É un río sen desembocadura en mar aberto, pois faino nun lago, o denominado mar Morto. A súa lonxitude é duns 360 km.
Nome
[editar | editar a fonte]En hebreo denomínase: נהר הירדן nehar hayarden; en árabe: نهر الأردن nahr al-urdun. O nome hebreo parece significar "baixar; descender", o que concorda co seu traxecto, iniciado sobre arredor de 500 m o nivel do mar até case 400 m por baixo, un desnivel de arredor de 900 m.
A denominación árabe é o correlato da hebrea, porén popularmente é coñecido como Ax-Xariat Al-Kabir 'lugar para beber grande'.
Do río toman o seu nome Xordania e Cisxordania.
Curso
[editar | editar a fonte]O Xordán fórmase da confluencia doutros tres ríos, na rexión do monte Hermón, na cara norte dos Altos do Golán: o Banyas, que ven de Occidente; o Dan, confluente central e o Hasbani, que é o ramal oriental. A dirección do río logo desa unión é decididamente norte-sur. A uns 70 km de percorrido, o Xordán atravesa o pequeno lago Hula (en árabe Bahr al-Hulah), lixeiramente por encima do nivel do mar, e desde aí, continua durante uns poucos quilómetros, até o mar de Tiberíades ou Xenezaret, do cal rexorde para seguir a depresión de Ghor, que é a continuación asiática do Gran Val do Rift africano, sempre en dirección norte-sur até desembocar na parte setentrional do mar Morto, despois de 360 km de curso[1], do cal é practicamente a súa maior fonte de alimentación hídrica. En case a maior parte do curso, a pouco de deixar atrás o lago Hula, o leito está por debaixo do nivel do mar, alcanzando a máxima profundidade no mar Morto, cuxo nivel, por mor do desecamento sufrido nos últimos anos, está nuns -400 m., que constitúe a maior depresión terrestre.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Á parte dos tres ríos que o orixinan, os tributarios principais do Xordán son:
- Pola esquerda:
- Pola dereita:
- O Arnon (en árabe Wadi Mujib).
Problemas ambientais
[editar | editar a fonte]En 1964, Israel puxo en servizo un encoro para extraer auga do Lago Tiberíades. No mesmo ano Xordania construíu unha canle para coller auga do río Yarmuk, o principal tributario do Xordán, e tamén Siria levantou presas neste mesmo río. En ambos dous casos para regadíos.
Na época contemporánea as augas da conca do Xordán, nunha proporción calculada en arredor do 70% ao 90%, son usadas para consumo humano, o que ten reducido o leito do río. Isto xunto coa elevada evaporación que sofre o mar Morto ten reducido o volume deste. As augas menos profundas deste lago desapareceron e no seu canto obsérvanse agora extensas placas de sal.
En setembro de 2006, o problema aumentou co aumento da contaminación. Tramos do Xordán foron acoutados só para usos bautismais. A maior contaminación obsérvase nos 105 km do tramo no val de Ghohr, o que media entre o mar de Tiberíades e o mar Morto. Os ecoloxistas afirman que a polución practicamente destruíu o ecosistema do río e reconstruílo pode levar décadas.[2] En 2007, a sección de Amigos da Terra en Oriente Próximo declarou o río Xordán como un dos 100 lugares máis danados do mundo, en boa medido debido á falta de cooperación entre Israel e os países árabes circunveciños.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As diversas fontes consultadas danlle ao Xordán unha lonxitude distinta; así dentro da Wikipedia o artigo en ingés outórgalle 251 km; en alemán dáselle 400 (e 175 en liña recta); en francés 360 etc; a vella enciclopedia Espasa asígnalle 215, pero di que a cifra se triplica ou cuadriplica "se se contan as súas inúmeras curvas"; mais o "Diccionario Enciclopédico Espasa, edición de 1998, dalle 320; a "Enciclopedia Universal Sopena", edición de 1963, dálle 260 km; pola súa parte a Encyclopaedia Britannica, Micropaedia, t. V, s.v., Jordan River, di que ten 360 km, cifra con a que nos quedamos dado o prestixio desta fonte
- ↑ Ramit Plushnick-Masti. "Raw Sewage Taints Sacred Jordan River". Associated Press. Consultado o 2007-04-10.
- ↑ "Endangered Jordan",Dateline World Jewry, World Jewish Congress, setembro de 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Xordán |