Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Peto de dorso branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Dendrocopos leucotos

Macho de D. leucotos

Parella de D. leucotos
Parella de D. leucotos

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Xénero: Dendrocopos
Especie: leucotos
Área de distribución mundial do peto de dorso branco[2]
Área de distribución mundial do peto de dorso branco[2]

Área de distribución mundial do peto de dorso branco[2]
Área de distribución do peto de dorso branco en Europa e Asia oriental[2]
Área de distribución do peto de dorso branco en Europa e Asia oriental[2]

Área de distribución do peto de dorso branco en Europa e Asia oriental[2]

O peto de dorso branco (Dendrocopos leucotos) é un peto euroasiático do xénero Dendrocopos.

Ovos desta especie na colección do Museo de Wiesbaden

É o máis grande dos petos con pintas do Paleártico occidental, de 24 a 26 cm de longo cunha envergadura alar de 38 a 40 cm e cunha plumaxe similar á do peto real, pero con barras brancas nas ás en vez de pintas, e unha parte inferior do dorso branca. O macho ten a parte superior da cabeza vermella, a femia tena negra.[3]

En Europa, viven dúas subespecies: D. l. leucotos, que vive no norte e centro de Europa, e D. l. lilfordi nos Balcáns e Turquía e polo oeste chega aos Pireneos. Outras dez razas viven na rexión cara ao leste ata Corea e o Xapón. É unha ave escasa, xa que necesita grandes extensións de bosque maduro de folla caduca con grandes cantidades de madeira morta aínda en pé ou caída. O seu número diminuíu en Escandinavia. En Suecia, o declive da súa poboación causou que o goberno promulgase a protección da especie no seu Plan de Acción da Biodiversidade nacional.[4] Na estación reprodutora escava un burato para a nidación duns 7 cm de largo e 30 cm de profundidade no tronco dunha árbore podre. Pon de tres a cinco ovos brancos e incúbaos de 10 a 11 días. Vive predominantemente de escaravellos perforadores da madeira e das súas larvas, así como doutros insectos, noces, sementes e bagas. O tamborileo nos trocos dos machos é moi alto, as chamadas inclúen un débil kiuk e un kweek máis longo.

Subespecies

Hai doce subespecies recoñecidas.[5][6]

  • D. l. leucotos (Bechstein, 1802), a subespecie nomeada, espallada por Eurasia desde Europa do norte, central e do leste ao noroeste de Asia, Corea e Sakhalin.
  • D. l. lilfordi (Sharpe & Dresser, 1871) dos Pireneos a Asia Menor, Cáucaso e Transcaucasia.
  • D. l. tangi (Cheng, 1956) da provincia de Sichuan, no oeste da China.
  • D. l. subcirris (Stejneger, 1886) de Hokkaido, norte do Xapón.
  • D. l. stejnegeri (Kuroda, 1921) do norte de Honshū, Xapón.
  • D. l. namiyei (Stejneger, 1886) do sur de Honshū, Kyushu, Shikoku, Xapón, e a illa de Cheju, Corea
  • D. l. takahashii (Kuroda & Mori, 1920) da illa Ullung (no leste de Corea).
  • D. l. owstoni (Ogawa, 1905) da illa Amami-O-Shima no norte das illas Ryukyu, Xapón.
  • D. l. fohkiensis (Buturlin, 1908) das montañas da provincia de Fujian sueste da China.
  • D. l. insularis (Gould, 1863) de Taiwán.
  • D. l. quelpartensis (Kuroda & Mori, 1918).
  • D. l. uralensis (Malherbe, 1860).

Notas

  1. "Dendrocopos leucotos". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 BirdLife International and NatureServe (2014) Bird Species Distribution Maps of the World. 2014. Dendrocopos leucotos. In: IUCN 2014. The IUCN Red List of Threatened Species. Version 2014.3. http://www.iucnredlist.org. Downloaded on 27 May 2015.
  3. The Birds of the Western Palearctic [Abridged]. OUP. 1997. ISBN 0-19-854099-X. 
  4. National Biodiversity Action Plan of Sweden, Uppsala (1999)
  5. "GlobalTwitcher.com: White-backed Woodpecker Dendrocopos leucotos". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  6. "eol Encyclopedia of Life: Dendrocopos leucotos". 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gorman, Gerard (2004): Woodpeckers of Europe: A Study of the European Picidae. Bruce Coleman, UK. ISBN 1-872842-05-4.

Ligazóns externas