Paula Pareto
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Paula Belén Pareto 16 de xaneiro de 1986 (38 anos) San Fernando, Arxentina (pt) |
Membro do Comité Olímpico Internacional | |
Representa: Arxentina 2024 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Altura | 1,5 m |
Peso | 48 kg |
Actividade | |
Ocupación | judoka, traumatólogo |
Deporte | judo |
Participou en | |
24 de xullo de 2021 | Judô nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Até 48 kg feminino (pt) (7ª) |
6 de agosto de 2016 | Judo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Até 48 kg feminino (pt) (1ª) |
2012 | Judo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Até 48 kg feminino (pt) (5ª) |
2008 | Judo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Até 48 kg feminino (pt) (3ª) (Medalla de bronce olímpica) |
Paula Belén Pareto, nada en San Fernando o 16 de xaneiro de 1986, é unha médica e judoka arxentina. Campioa do mundo en 2015 e gañadora dunha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e dunha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro de 2016. Converteuse na primeira muller arxentina en ser campioa olímpica[1] e a primeira deportista arxentina que gañou dúas medallas olímpicas en disciplinas individuais.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pareto comezou a practicar judo con nove anos xunto ao seu irmán máis novo Marco (ten ademais unha irmá máis vella, Estefanía) e até os Xogos Olímpicos de Londres 2012 representou ao Club Estudiantes de La Plata. Foi bolseira pola Secretaría de Deportes da Nación do seu país.[3]
En 2010, a Fundación Konex outorgoulle o Premio Konex de Platino como mellor deportista destacada da década 2001-2010. O 19 de novembro de 2014, Paula gañou a medalla de prata na categoría de até 48 kg no Grand Prix de Judo de Qingdao, na China.[4]
En agosto de 2015, consagrouse campioa no Campionato Mundial de Astana, Casaquistán, ao vencer á xaponesa Haruna Asami na categoría até 48 kg. O 22 de decembro dese mesmo ano, foi galardoada co Premio Olimpia de ouro, á mellor deportista do ano.[5] O 21 de agosto de 2016, logo de consagrarse campioa olímpica ao derrotar á surcoreana Jeong Bo-Kyeong, e foi elixida abandeirada da delegación arxentina na cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro.[6]
Ao longo da súa carreira participou en tres Xogos Olímpicos entre os anos 2008 e 2016, obtendo unha medalla de bronce en Pequín 2008, diploma olímpico en Londres 2012 (onde finalizou quinta) e a medalla de ouro en Río de Xaneiro 2016.[7][8][9] Nos Xogos Panamericanos conseguiu tres medallas entre os anos 2007 e 2015.[10]
Gañou tres medallas no Campionato Mundial de Judo entre os anos 2014 e 2018, e doce medallas no Campionato Panamericano de Judo, entre os anos 2005 e 2019.[10][11][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paula Pareto hizo historia en Río y Argentina tiene su primer oro" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ "Paula Pareto hizo historia en Río y Argentina tiene su primer oro" (en castelán). Diario Clarín. Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ "Zona de atletas-Listado de becarios" (en castelán). Secretaría de Deportes de la Nación Argentina. Archived from the original on 07 de agosto de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2012.
- ↑ «Paula Pareto sumó una medalla de plata en el Grand Prix de judo de China» Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Diario La Nacion. Consultado o 29 de maio de 2015 (en castelán).
- ↑ «Paula Pareto se quedó con el gran premio Olimpia de Oro». Territorio Digital. Consultado o 27 de decembro de 2015 (en castelán).
- ↑ "Río 2016: Paula Pareto hizo flamear la bandera argentina en la ceremonia de clausura" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2016.
- ↑ "La judoca Paula Pareto no pudo alcanzar la medalla de bronce en un duro combate". Telam. 28 de xullo de 2012. Archived from the original on 31 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xullo de 2012 (en castelán).
- ↑ Paula Pareto Arquivado 11 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports). Consultado o 29 de maio de 2015 (en inglés).
- ↑ "¡Peque de oro!". Diario Olé. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016 (en castelán).
- ↑ 10,0 10,1 Paula Pareto en JudoInside.com. Consultado o 29 de maio de 2015 (en inglés).
- ↑ «Paula Pareto, campeona del mundo de judo». Diario Página/12. Consultado o 24 de agosto de 2015 (en castelán).
- ↑ «Otro título para Paula Pareto: se quedó con el título en el Panamericano de Panamá» Arquivado 20 de setembro de 2018 en Wayback Machine.. Diario La Nación. Consultado o 29 de abril de 2017 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paula Pareto |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paula Pareto en JudoInside.com (en inglés)
- Nados en 1986
- Judokas olímpicos da Arxentina
- Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina
- Medallistas olímpicos de bronce pola Arxentina
- Alumnos da Universidade de Buenos Aires
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Arxentinos de ascendencia italiana
- Judokas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Judokas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Judokas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Judokas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Medallistas olímpicos en judo
- Médicos da Arxentina