George Latimer Bates
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1863 Abingdon, Illinois |
Morte | 31 de xaneiro de 1940 Chelmsford, Essex |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Universidade de Chicago |
Actividade | |
Lugar de traballo | Camerún alemán |
Ocupación | explorador, naturalista |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Bates |
Arquivos en |
|
George Latimer Bates, nado o 21 de marzo de 1863 en Abingdon, Illinois (Estados Unidos), e finado o 31 de xaneiro de 1940 en Chelmsford, Essex (Reino Unido), foi un explorador e naturalista (botánico, zoólogo) estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bates estudou no Knox College de Galesburg (Illinois) e no Seminario Teolóxico de Chicago, da Universidade de Chicago.
En 1895, visitou África Occidental e viviu no sueste do Camerún, gañándose a vida como agricutor. Recolleu espécimes de historia natural nas súas viaxes e enviou moitos destes ao Museo de Historia Natural de Londres.
En 1928 trasladouse a Inglaterra e escribiu o Handbook on the Birds of West Africa (1930).
Aprendeu árabe e visitou Arabia en 1934, onde estudou a ornitoloxía do país. Non puido publicar o seu traballo, pero escribiu varios artigos sobre aves árabes para o Ibis.
O seu manuscrito inédito sobre as aves de Arabia foi utilizado máis tarde por Richard Meinertzhagen.
Epónimos
[editar | editar a fonte]- Unha especie de serpe africana, Rhamnophis batesii, reciu o seu nome na súa honra.[1]
- Así mesmo foron nomeados na súa honra tres especies de anfibios africanos (Astylosternus batesi, Phrynobatrachus batesii e Nectophryne batesii),[2] vinte aves e catro mamíferos.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Bates emprégase para recoñecer a George Latimer Bates como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Beolens, Watkins & Grayson 2011, p. 19.
- ↑ Beolens, Watkins & Grayson 2013, p. 17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: George Latimer Bates |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5.
- Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2013): The Eponym Dictionary of Amphibians. Pelagic Publishing. ISBN 978-1-9078-0742-8.
- Obituary. Ibis 1940: 343–348.
- Warr, Frances E. (1996): Manuscripts and Drawings in the ornithology and Rotschild libraries of The Natural History Museum at Tring. British Ornithologists' Club.