Elda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Vinalopó Mitjà | ||||
Capital de | |||||
Capital | Elda | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 53.034 (2023) (1.182,21 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 44,86 km² | ||||
Altitude | 395 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Rubén Alfaro Bernabé (en) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03600 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 03066 | ||||
Código ARGOS de concellos | 03066 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | elda.es | ||||
Elda é unha cidade do País Valenciano, situada na provincia de Alacant. Ten unha poboación de 55.174 habitantes segundo o censo de 2008[1], ocupando o 7º posto en número de habitantes entre as cidades da provincia de Alacant e o seu termo municipal ocupa unha área de 44,86 km². Situada a beiras do río Vinalopó, é a cidade máis importante da comarca do Vinalopó Mitjà e forma, con Petrer, unha conurbación de 88.775 habitantes. Conta cunha importante industria de calzado, en particular o de señora, que representa a principal actividade económica da poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Na época imperial romana, no Itinerario de Antonino faise referencia a unha desviación da Vía Augusta entre Ad Turres e Aspis co nome de ad Iso, unha poboación cuxo topónimo podería ser Ellum, facendo referencia probabelmente ao poboado de El Monastil. Durante a época romana foi denominada Elo. Durante os anos 610-675, na época visigoda, existen referencias dunha sé episcopal elotana, formada polo topónimo elo- (redución fonética do latín Iso) e o afixo -tana. Nas Décadas de Escolano de 1611 aparecen as formas Idella e Dádeo, a primeira relacionada cos musulmáns, derivada da segunda. Outro documento, o Manual Xeográfico de P. Orozco Sánchez de 1878 cita Idella como topónimo ibérico do que deriva a forma Daellos. Durante a época medieval producíronse moitos erros de transcrición, chamándose Eloe e Edelle mentres outros documentos adoptan Ella en castelán e Etla en catalán. A partir do século XV queda fixada a forma Elda.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Elda atópase situada ao sueste da Península Ibérica e ao noroeste da provincia de Alacant (País Valenciano). Áchase a 395 m de altura sobre o nivel do mar e dista aproximadamente 40 km da capital provincial.
Elda sitúase na comarca do Vinalopó Mitjà, e constitúe un dos núcleos urbanos máis importantes non só da provincia, senón de toda a rexión valenciana. A cidade sitúase nas profundidades do val do río Vinalopó e é atravesada por este. O relevo circundante é eminentemente montañoso, e forma unha especie de cunca; as serras máis importantes da zona son a do Sit, o Cavall e o Maigmó ao leste. Na zona norte-noroeste, atópase unha sucesión de cadeas montañosas, a Torreta, o Monastil, e as dúas montañas de máis importancia que se atopan no termo: Bolón e Camara. Ao sur atópase o macizo de Bateig, mentres que ao oeste se expande a planicie cara a Monòver, e as montañas xa se atopan dentro do seu municipio.
La Torreta é unha serra de baixa altura que pecha o casco urbano polo norte, pero a contrario do que comunmente se cre, non marca o límite municipal con Sax. Chámase así porque no devandito monte atopábase unha torre de vixía con restos árabes cuxa base é de orixe romana. A inseguridade do camiño que comunicaba Sax con Elda, e o solitario do paraxe, onde adoitaban apostarse almogávares granadinos, que pretendían capturar aos viandantes e as súas mercancías e trasladalos a Granada, fixeron que apenas se transitase polo devandito lugar.
A actividade sísmica na zona é notábel dada a proximidade do límite da placa tectónica eurasiática e a súa fricción coa africana, aínda que as ocasións en que dita actividade sísmica é percibida polos homes son contadas.
O clima é tipicamente mediterráneo: seco, de invernos curtos e suaves, veráns calmos e escaseza de choivas en xeral. No entanto, ás veces na primavera, pero especialmente no outono, prodúcese o fenómeno da chamada "gota fría" e as precipitacións multiplícanse de forma espectacular, o que pode chegar a propiciar subidas repentinas no nivel dos ríos e causar graves inundacións. O exemplo de gota fría recente que máis afectou á cidade foi o de outubro de 1982, aínda que en anos posteriores, como 1997 e 1999, as inundacións tamén foron memorables e causaron serias desfeitas en infraestruturas e perdas na agricultura da comarca.
Localidades limítrofes
[editar | editar a fonte]Norte: Sax | ||
Oeste: Monòver e Les Salines | Elda | Leste: Petrer |
Sur: Novelda |
Economía
[editar | editar a fonte]A cidade de Elda foi o motor da actividade industrial do calzado no val. Desde tempo atrás existía unha artesanía dedicada á manufactura do esparto, unha planta que abundaba moito na zona. Con todo, a actividade foi decaendo debido á desaparición da planta, provocando a emigración.
A mediados do século XIX, comezou a xurdir unha nova industria dedicada á fabricación de calzado de pel. Ao principio tratábase de modestos artesáns que fabricaban os zapatos e vendíanos polas feiras dos pobos. A finais do século XIX iniciouse unha transformación, aparecendo as primeiras fábricas con maquinaria movida por animais. A principios do XX, a produción de zapatos ocupaba o terceiro lugar na produción provincial, tralos téxtiles e o viño.
O primeiro cuarto do século XX coñeceu un forte desenvolvemento, pero a década dos corenta supuxo unha profunda depresión que obrigou a unha reestruturación das industrias do calzado. A industria atomizouse e volveu aos seus inicios artesanais. Apareceron moitos pequenos talleres artesáns que adquirían as diferentes pezas do zapato (tacóns, solas etc.) noutros talleres especializados tan só nesa produción e proporcionaban traballo a domicilio, sobre todo ás mulleres que, cunha máquina de coser na súa casa, resolvían o aparado. Isto supuxo o nacemento do que hoxe se coñece como economía mergullada, aínda vixente e alicerce no que se baseou esta industria durante moitos anos.
A creación en 1960 da FICIA (Feira Internacional do Calzado e Industrias Afíns) supuxo o empurrón definitivo. Volveron de novo as grandes fábricas e racionalizouse a fabricación e exportación de calzado, que se converteu nunha boa fonte de ganancias. A construción dun gran palacio feiral, a creación do CEPEX (Centro Promotor de Exportacións) e o INESCOP (Instituto Español do Calzado e Conexas) consolidaron a Elda como unha importante capital zapateira.
O elevado grao de especialización da economía de Elda faina moi vulnerable en función das variacións do sector. Por exemplo, a cotización de divisas, principalmente o dólar, por ser Estados Unidos un dos máis fortes compradores, inflúe notablemente no desenvolvemento e evolución desta industria.
Nos últimos anos o sector entrou en crise, en parte debido á competencia asiática. A dependencia do calzado é case total, dado que a maior parte dos traballadores están empregados na devandita industria ou en produtos auxiliares do calzado, aínda que comezan a aflorar industrias alternativas nos seus polígonos industriais, con boas comunicacións cara á autovía.
Demografía
[editar | editar a fonte]
|
|
|
A historia demográfica máis antiga da vila de Elda é difícil de establecer con absoluta certeza, dado que os censos cos que se elaborou polos historiadores ao longo do tempo baseáronse nos contribuíntes á Coroa. Sábese que a comunidade cristiá chegou a poboala no século XIII con non máis de 130 persoas que se asentaron lonxe da poboación musulmá, no que hoxe se coñece como ermida de San Antón, sendo o número de residentes non cristiáns cinco veces superior.
Festas
[editar | editar a fonte]Mouros e cristiáns
[editar | editar a fonte]As festas de Mouros e Cristiáns de Elda celébranse en honor a Santo Antón a primeira fin de semana de xuño. Na orixe das festas celebrábanse a mediados de xaneiro, coincidindo coa festividade do santo, pero en 1946 optouse por atrasalas seis meses co fin de que non se deslucisen coas baixas temperaturas. Así en xaneiro celébrase a media festa, na que desfilan as escuadras premiadas en cada comparsa.
Existen catro comparsas no bando mouro: hosts do Cadí, marroquinos, musulmáns e realistas; e cinco no bando cristián: contrabandistas, cristiáns, estudantes, piratas e cíngaros. O mércores é o día do Pregón, a partir deste momento empezan as festas.
Festas maiores
[editar | editar a fonte]Durante os días 7, 8 e 9 de setembro celébranse as Festas maiores na honra dos Santos Patróns, a Virxe da Saúde e o Cristo do Bo Suceso coa tradicional alborada e diversos actos cívico-relixiosos: procesións, concursos, verbenas, actuacións musicais...
Cabe destacar como actos relixiosos principais, a Gran Salve cantada con coro e orquestra o día 7 de setembro; os días 8 e 9 de setembro as dúas Misas Maiores, tamén acompañadas de orquestra e coro e as procesións que recorren as principais rúas da cidade.
Fallas
[editar | editar a fonte]As fallas de Elda datan do ano 1954 e desde entón séguese celebrando ininterrompidamente. As datas de celebración son de xoves a domingo da segunda semana de setembro.
A Festa iníciase o primeiro sábado de setembro co acto de exaltación da Fallera Maior e Fallera Maior Infantil de Elda, máximas representantes da festa. Ao día seguinte procédese ao traslado en romería e desde a ermida de San Crispín e ata a parroquia da Inmaculada, dos Santos Patróns Sant Crispín i Sant Crispiniano, acompañados por tódolos festeiros e pobo en xeral, xa que estes Santos son tamén os Patróns da industria do calzado, base da economía eldense. A partir do xoves, noite na que se plantan os monumentos, pódese gozar en todos os barrios de diversidade de actos (pasacalles, pirotécnica, concursos e verbenas). Durante estes días adóitase celebrar concursos de gachamigas, paellas, tortillas etc., tendo a oportunidade de degustar todos estes preparados culinarios, así como as xoubas e a sangría.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alicante queda a 24.000 personas de ser la cuarta provincia más poblada" Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine., en www.diarioinformacion.com